A Eurocidade Chaves-Verín ven de promover o a primeira edición do Concurso Fotográfico ‘Recursos históricos e naturais da Eurocidade’, destinado aos/ás nenos/as e mozos/as de ambos municipios e co fin de incentivar a súa capacidade artística, o interese pola fotografía e a importancia dos recursos naturais, históricos e culturais de Chaves e Verín.
As bases para participar no concurso fotográfico ‘Recursos históricos e naturais da Eurocidade Chaves-Verín’ son as seguintes:
1º.- Obxectivo Despertar o interese pola fotografía, e coñecer os recursos históricos e naturais de Chaves e Verín
2º.- Tema O tema será libre, así coma os procedementos técnicos a empregar, debendo obedecer ao tema xenérico ‘Recursos históricos e naturais da Eurocidade Chaves-Verín’. 3º.- Destinatarios Nenos/as e mozos/as con idades entre os 6 e 15 anos. 4º.- Traballos Os traballos a concurso serán individuais. Non está permitida a fotografía manipulada. Os traballos poderán entregarse en papel fotográfico (20x15) ou en formato dixital a través dun CD. Cada participante poderá participar con tres exemplares.
5º.- Prazos e formas de entrega Os traballos a concurso deberán entregarse no Gabinete de Apoio Técnico da Eurocidade -Concello de Verín- e no Centro de Recursos Educativos de Chaves -Centro Cultural de Chaves-, ata o 16 abril de 2010, nun sobre pechado, onde no reverso de cada traballo ten que colocarse o título, pseudónimo co que participa (será o mesmo para todos os traballos), un segundo sobre, pechado, indicando no exterior o seudónimo do participante e no seu interior: nome completo, data de nacemento, enderezo e teléfono. 6º.- Premios O vencedor/a recibirá unha cámara fotográfica como Premio polo seu traballo.
7º.- Xurado O xurado será constituído por: - Representante do Gabinete da Eurocidade Chaves-Verín - Representante dos Colexios de Chaves - Representante dos Colexios de Verín - Representantes da Câmara Municipal de Chaves e Concello de Verín
8º.- Utilización dos traballos Todos os traballos entregados pasarán a ser propiedade da Eurocidade, sen dereito a devolución por parte dos creadores dos mesmos nin dos Centros Escolares. 9º.- Resultados Os resultados do Concurso serán publicados na Axenda cultural da Eurocidade correspondente ao mes de maio de 2010, indicándose igualmente o lugar e data da exposición de todos os traballos que terá lugar nos meses de maio e xuño do vindeiro ano, na Câmara Municipal de Chaves e Concello de Verín.
10º.- Decisións do Xurado Todas as propostas deberán cumprir o procedemento indicado, en caso contrario serán eliminados do Concurso. As decisións do Xurado non poderán ser obxecto de recurso. |