Informe Social para acceso ao Programa de Retorno Voluntario de Inmigrantes desde España da O.I.M.Emisión de Informe Social con valoración favorable para acollerse ao Programa de Retorno Voluntario de Inmigrantes desde España (PREVIE) da O.I.M. (Organización Internacional para as Migracións). A quen está dirixidoEstranxeiros empadroados en Verin cunha estancia mínima e continuada de 6 meses cuxo proceso migratorio fracase e desexen retornar ao seu país, que non sexan nacionais intracomunitarios, de países candidatos á UE, de países en conflito, nin da cuenca mediterránea (Mauritania, Marruecos, Túnez, Argelia, Libia). Como faceloPresencialmente1. Solicitude de cita co/a técnico/a da Oficina Municipal de Atención e Información a Inmigrantes e Emigrantes Retornados para manter unha entrevista. 2. Entrevista co/a técnico/a social na que quedará aclarada a situación socio-económica e o cumprimento dos requisitos marcados pola O.I.M. para o acceso ao Programa de Retorno Voluntario de Inmigrantes desde España. 3. Se se cumpren os requisitos cubrirase o cuestionario de solicitude de acceso ao PREVIE en modelo oficial da O.I.M. e solicitude de Informe Social ao Concello de Verín. Por teléfonoSolicitude de cita nos teléfonos: 988 41 47 76 Documentación requirida
Oficinas
Avda. de Portugal (Casa da Xuventude) Horario: De 9:30 a 14 horas de luns a xoves. De 16:00 a 18:00 Martes e Xoves. |
Casa da Xuventude de Verín Avda. de Portugal, 11 bis |
Horario: de Luns a Venres de 9:00 a 14:00 |
Tlno. 988.41.47.76 Liñas de Móbil 608.52.01.97 608.52.01.98 Fax 988.41.22.59 |
Oficina de Atención ó Inmigrante |