Castañas gratis e foliada na Praza García Barbón de Verín |
|
|
|
Luns, 07 Novembro 2022 10:26 |
O vindeiro sábado, 12 de novembro, o Concello de Verín celebra un magosto popular na Praza Maior da vila.
Os asistentes ao evento, que comezará ás 19:00 horas, poderán degustar castañas de balde e desfrutar dunha divertida xornada de festa, como non podía ser doutra maneira, con foliada a cargo da Banda de Gaitas do Concello de Verín e do grupo de pandereteiras As Travesas de A Mezquita.
|