Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas A Casa da Cultura de Verín acollerá a vindeira semana a proxección das curtas gañadoras do fic 2022
A Casa da Cultura de Verín acollerá a vindeira semana a proxección das curtas gañadoras do fic 2022 PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 13 Outubro 2022 10:23

 O Salón de Actos da Casa da Cultura de Verín vai acoller a vindeira semana un pase especial das diferentes curtas que obtiveron premio na máis recente edición do FIC Vía XIV, que se desenvolveu a principios do pasado mes de setembro na vila do Támega. A proxección terá lugar o 21 de outubro, venres, a partir das 21.00 horas, e será gratuita ata que se complete o aforo do recinto.

Así, no marco desta exhibición, o público de Verín poderá desfrutar dos traballos que resultaron premiados dentro de cada unha das categorias do certame. No marco da categoría Nova, patrocinada pola Fundación Dentalnova, o traballo gañador foi The last day of patriarchy, dirixido por Olmo Omerzu, unha coprodución entre a República Checa, Eslovenia e Francia.

Vol de nuit, O teu nome é e Rompente

Na categoría Horizontes gañou Vol de nuit, unha curta de 26 minutos de duración de orixe belga e dirixida por Kenan Görgun. E na categoria A Raia, patrocinada pola Eurocidade Chaves-Verín, foi merecente do premio a curta O teu nome é, un traballo con selo portugués dirixido por Paulo Patrício. Finalmente, o Premio Especial do Público recaeu no film Rompente do director ligado a Verín, Eloy Domínguez Senén.

Todos estes traballos poderán visionarse, de novo, en Verín nunha acción que ten como obxectivo “impulsar e darlle continuidade a unha iniciativa cultural como é o FIC Vía XIV, plenamente incardinada na axenda de ocio e lecer da nosa vila”, destaca o director do certame, Carlos Montero.



 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>