O programa “Coidados porta a porta” da Xunta de Galicia chega a Verín |
Luns, 22 Agosto 2022 13:30 |
A Xunta de Galicia puxo en marcha o programa de Coidados porta a porta, que percorrerá todos os concellos de Galicia, excepto as sete cidades, para ofrecer consultas de audioloxía, podoloxía e estimulación da memoria a máis de 100.000 galegos. • Que servizos préstanse? Servizo de podoloxía: Faise unha consulta básica; unha valoración do estado xeral do pé, un corte e limpeza de uñas, eliminación de durezas, callos e helomas. Servizo de audioloxía: Valoración e exploración funcional da audición e prevención da perda auditiva. Servizo de estimulación da memoria: Un profesional realizará unha valoración cognitiva e proporcionará pautas desde unha perspectiva terapéutica de como previr e minorar unha deterioración, en caso de habelo. • A quen vai dirixido? Destes servizos poden beneficiarse todas as persoas maiores de 55 anos, con cita previa e de maneira gratuíta. • Como leva a cada localidade? Oito autobuses percorrerán as máis de 300 localidades con profesionais de cada unha das especialidades. Permanecerán entre tres e catro días en cada concello atendendo con cita previa.
• Cando estará no Concello de Verin ? En Verin estará os dias 23, 24 ,25 e 26 de agosto de 2022. * Como pido cita? Pode solicitar cita previa en os teléfonos 622 748 283 - 623 546 992 ou no correo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo . |