Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas A protectora de animais de Verín Proanimales visita os cativos da ludoteca
A protectora de animais de Verín Proanimales visita os cativos da ludoteca PDF Imprimir Correo-e
Martes, 09 Agosto 2022 17:40

Os nenos e nenas da ludoteca de Verín pasaron o día co persoal da protectora de animais local Proanimales Verín. Os coidadores visitaron o colexio

acompañados dalgúns dos cans egatos dos que se fan cargo e dedicaron a mañá a explicarlle aos rapaces a actividade que realiza protectora así como tamén a lanzar unha mensaxe contra o abandono e o maltrato animal. Os rapaces puideron tamén xogar coas mascotas.

A mañá comezou cos encargados de Proanimales Verín explicando o traballo que realizan na protectora e a súa labor de atención aos animais abandonados. Tamén ensinaron aos rapaces o que deben facer en caso de que vexan algún animal sen coidados ou maltratado, ademais de concienciar sobre a responsabilidade que implica ter unha mascota. Despois, amosaron cada un dos cans, contando cadansúa historia de abandono e recuperación. Para rematar, todos os animais foron pasando a carón dos nenos e nenas, que puideron ter o contacto máis directo con eles.

«Considero que se trata dunha actividade moi lúdica e tamén cunha importante carga didáctica, estou moi satisfeita» sinalou Purificación Caldelas, concelleira de Medio Ambiente, quen recalcou ademais que  «e fundamental inculcar o coidado e o respecto polos animais xa desde idades temperás». Caldelas tamén quixo agradecer presenza e o traballo realizado polo persoal da protectora.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









CoronaVirus
Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID Definitivo

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>