Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas O goberno municipal de Verín inicia os trámites para a recuperación do Servizo de Augas ante o risco de dano ambiental por saturación da depuradora
O goberno municipal de Verín inicia os trámites para a recuperación do Servizo de Augas ante o risco de dano ambiental por saturación da depuradora PDF Imprimir Correo-e
Martes, 24 Maio 2022 12:54

 Salvagardar a integridade medioambiental do tramo alto do Támega. Este é o argumento con que o Goberno municipal de Verín iniciou hoxe o procedemento para a recuperación do Servizo Municipal de Augas, ante os indicios «certos e medibles» de que se non intervén podería rexistrarse un dano ecolóxico para o ecosistema da comarca. O Consistorio cree, ademais, que este é o momento preciso de plantexar un proxecto de renovación da rede de saneamento e abastecemento de Verín, a conta de fondos europeos.


Tal e como expuxo hoxe en rolda de prensa -na que estiveron presentes o alcalde, Gerardo Seoane; o tenente de alcalde, Diego Lourenzo; o concelleiro de Servizos Públicos, Julio Viéitez, a concelleira de Recursos Humanos e Réxime Interior; Rosario Rodríguez e a concelleira de Medio Ambiente, Purificación Caldelas- a situación do Servizo de Augas de Verín non pode agardar máis ante o risco de que a precariedade dos sistemas de depuración propicie un deterioro ambiental do río Támega. Por elo, informaron de que veñen de  solicitar un informe aos técnicos do Concello para que indique a fórmula correcta para iniciar a recuperación da concesión.

Segundo o Goberno verinés, a depuradora municipal -que tamén trata a auga de algúns dos concellos limítrofes- está recibindo máis do dobre do caudal do que está preparada para procesar, e que sería máis que suficiente para atender a poboación de Verín e limítrofes, a causa da infiltración de augas subterráneas que se introducen nas tubeiras en mal estado que atravesan o municipio. De feito, informaron, «a  Confederación Hidrográfica do Douro ven de revisar a autorización de vertido de  augas de Verín ( de 3.000.000 metros cúbicos) corrixindo a súa taxa de 40.000 a 200.000 euros anuais debido á dilución dos residuos».

Ante esta situación, segundo os responsables municipais, o Concello encargou varios informes externos para coñecer as causas, ademais de instalar caudalímetros en varios puntos da rede de saneamento para aforar o líquido desprazado con precisión. Todos estes estudos referendaron que as filtracións son a causa do exceso de volume que recibe a depuradora.

 

Malas condicións das tubeiras

O Concello de Verín puxo en coñecemento en varias ocasións esta circunstancia, explicándolle á concesionaria que as malas condicións das tubeiras -especialmente no colector norte desde Verín a Castrelo- son a causa das filtracións. Malia estas xestións, e aínda que a adxudicataria da xestión ingresa o 100% da tarifa que abonan os veciños de Verín para saneamento, a empresa non parece disposta a abordar as inversións necesarias para solucionar a situación. «No mes de abril envióuselle un escrito para que informase en dez días das accións a tomar, do que aínda non recibimos resposta», apuntou Gerardo Seoane.

«O risco de dano ambiental está aí», sinalou o alcalde de Verín, «e a saúde ecolóxica do Val do Támega non pode seguir dependendo dunha rede de saneamento en mal estado».

Ante esta situación, e aproveitando a existencia de varias liñas de proxectos e fondos europeos  centrados nos criterios de sustentabilidade e mellora medioambiental, o Concello de Verín cre que é chegada a hora de abordar a situación e plantexar un proxecto de saneamento integral, proxecto que xa está redactado e que solucionaría o exceso de vertedura.

Para elo, o alcalde acordou hoxe solicitar informes aos departamentos municipais correspondentes sobre o procedemento a seguir para a recuperación da concesión do Servizo de Augas, as así «poder garantir desde a óptica do servizo público a renovación dun abastecemento e saneamento como os que merecen os nosos veciños e o noso medio ambiente».

Pola súa banda, Diego Lourenzo recordou que o Concello de Verín -como os municipios da comarca e a Confederación Hidrográfica- teñen en marcha un grupo de traballo para redefinir  ciclo da auga en todo o territorio, e que actualmente traballa levantando acta do estado actual de todas as instalacións e servizos existente para a súa mellora.

«Un dos obxectivos do actual goberno municipal». explicou o tenente de alcalde, «foi, desde o seu inicio e por compromiso electoral, a remucipalización eficiente dos servizos públicos locais e a súa modernización en aras do beneficio económico e servizo ao cidadán».

Para finalizar, Lourenzo quixo aclarar que «esta é unha decisión moi meditada e documentada», xa que neste caso en concreto e unha medida que se toma en aras da defensa do interese xeral. «Desde o Concello estamos abertos a falar coa empresa concesionaria -como se fixo en reiteradas ocasións- para chegar a un acordo pero, no caso de non facelo, actuaremos con responsabilidade e determinación en beneficio da cidadanía».


ROLDA DE PRENSA COMPLETA


 

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>