Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas O Concello de Verín instalará paneis fotovoltaicos en oito dos seus edificios municipais
O Concello de Verín instalará paneis fotovoltaicos en oito dos seus edificios municipais PDF Imprimir Correo-e
Venres, 29 Abril 2022 12:56

 O  Concello de Verín instalará paneis fotovoltaicos en oito dos seus principais edificios municipais. En total, o ente municipal investirá 118.787,29 euros nas instalacións, esperando percibir dos fondos europeos Next Generation practicamente o 50 por cento do investimento (53.720 euros).

Segundo confirmou o alcalde Verín, Gerardo Seoane, a Casa Consistorial, o Pavillón Municipal de Deportes, os CEIP Princesa de España e Amaro Refojo, A Biblioteca, o centro de día  Solleira, o Pavillón da Granxa e o Auditorio Municipal, serán os edificios públicos elixidos para a instalación dos sistemas de placas solares fotovoltaicas «que reducirán de maneira notable o consumo eléctrico, así coma as emisións de CO2, nestas instalacións».

Primeiras concesións recibidas dos fondos Next Gereration

O  Concello de Verín recibiu esta semana as primeiras seis comunicacións de concesión de axudas financiadas cos fondos do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia promovido polo Goberno de España, por un valor de 42.720 euros.

Así pois, o Concello de Verín comezará coa execución das obras de instalación dos paneis fotovoltaicos na Casa Consistorial, Pavillón Municipal de Deportes, CEIPs Princesa de España e Amaro Refojo, Biblioteca e o centro de día  Solleira; quedando á espera de recibir, nos próximos días, as dúas resolucións das concesións restantes para executar os traballos no Pavillón da Granxa e no Auditorio Municipal.

 

 

 

 

 

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>