Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Verín acolle unha xornada informativa sobre as axudas de GAIN para as empresas
Verín acolle unha xornada informativa sobre as axudas de GAIN para as empresas PDF Imprimir Correo-e
Venres, 29 Abril 2022 08:42

 A Xunta de Galicia e a Confederación Empresarial de Ourense xunto con AEVER comprácense en convidalo á xornada informativa para presentar as novas axudas públicas Innova Peme e Deseña Peme da Axencia Galega de Innovación dirixidas ás empresas, que terá lugar o vindeiro luns 2 de maio ás 12:30 horas no salón de actos da Casa da Cultura do Concello de Verín en formato híbrido (presencial e online).



Este encontro contará coas intervencións de Gerardo Seoane, Alcalde do Concello de Verín, Patricia Argerey, Directora da Axencia Galega de Innovación (GAIN), María Sol Novoa, Presidenta da CEO, a Directora da área de servizos de GAIN, Patricia Fernández, e a Técnica da área de servizos de GAIN, Patricia López. En arquivo adxunto acompañamos o programa da xornada.

Non está previsto que se realicen outras xornadas deste tipo na provincia, polo que esperamos que poida asistir ben de forma presencial ou virtual para coñecer en detalle estas axudas e as oportunidades que a innovación ofrece ás empresas. Durante a xornada os asistentes terán ocasión de trasladar as cuestións que consideren de interese e recibir asesoramento individual na sesión posterior de networking sobre innovación e a súa implantación na empresa.

Para asistir en calquera das dúas modalidades, é necesario cumprimentar o formulario que atopará na seguinte ligazón: https://cutt.ly/bGE3Hc2

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>