Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Conexións móbiles máis veloces e mellor cobertura Llegan a Verín cos despregamentos 4G e 5G
Conexións móbiles máis veloces e mellor cobertura Llegan a Verín cos despregamentos 4G e 5G PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 30 Marzo 2022 10:29

 As operadoras de telefonía móbil, Telefónica, Vodafone e Orange,  anunciaron que durante as próximas semanas realizarán en Verín o proceso de implantación dos servizos de telefonía móbil de nova xeración, 4G e 5G, sobre as bandas de 800 e 700 MHz, respectivamente, o que permitirá aos verineses e verinesas gozar de conexións móbiles de alta velocidade cunha mellor cobertura no interior dos edificios e maior extensión xeográfica.


Para garantir a compatibilidade da nova tecnoloxía coa televisión dixital terrestre (TDT), Llega700 é a entidade posta en marcha polos operadores para solucionar calquera afectación na recepción do sinal de televisión.

O proceso de implantación está a realizarse de forma paulatina por toda a xeografía nacional. Para comprobar as localidades onde xa están activos estes servizos pódese consultar a seguinte ligazón:  https://www.llega700.es/contacto_mapa.php

O despregamento enmárcase no establecido no Real Decreto 579/2019, do 11 de outubro, a partir do cal se procedeu á liberación das frecuencias entre 694 e 790 MHz (canles 49 ao 60 de  UHF) que ata entón empregábanse para a recepción da Televisión Dixital Terrestre, proceso tamén coñecido como Segundo Dividendo Dixital. A partir de entón, ditas frecuencias foron asignadas ás operadoras de telefonía móbil para prestar os seus servizos de telefonía móbil de nova xeración.

 

Principais vantaxes: máis e mellor cobertura

Coa nova rede móbil abriuse a porta a innovadores servizos e aplicacións, ademais de proporcionar significativas melloras tanto na velocidade de descarga, como de envío de datos (fotos, música ou contidos audiovisuais de alta definición) ou permitir sacar o máximo partido a aplicacións en liña, como os videoxogos.

A rede de telefonía móbil de nova xeración introduce dúas melloras fundamentais. A primeira é a solvencia dos diversos problemas relacionados con orografías complicadas presentes na xeografía española onde tradicionalmente fallaba a cobertura. A segunda, é a gran penetración en zonas interiores dos edificios.

A nova xeración tamén facilita a introdución de novos servizos na área empresarial e das administracións públicas, como aplicacións empresariais en mobilidade con alto contido multimedia ou o uso da videollamada, entre outros.

Ademais, a maior cobertura que alcanza o despregamento nas bandas de 700 e 800  MHz mellorará o servizo no interior de edificios e será a banda que permita estender xeograficamente o servizo de forma eficiente.

Garantindo a compatibilidade da rede móbil de nova xeración e a TDT

Llega700 é a entidade xestora encargada de ofrecer os servizos que garantirán a compatibilidade entre a posta en marcha da emisión móbil 4 G e 5 G nas bandas de 800 e 700 MHz, respectivamente, e a recepción do servizo de TDT.

Para garantir esta compatibilidade, Llega700 presta aos cidadáns unha serie de servizos gratuítos que inclúe un procedemento correctivo tras o aceso das estacións, polo que Llega700 encargarase de atender aos usuarios afectados xestionando e resolvendo posibles afectacións sen custo algún.

Para xestionar estes servizos, púxose ao dispor dos cidadáns un teléfono de atención gratuíto (900 833 999) e unha páxina web www.Llega700.es

Máis información:

https://www.llega700.es/

Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

@llega700



 

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>