Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas A Praza da Mercé acolle o espectáculo de teatro familiar “Cartoons”
A Praza da Mercé acolle o espectáculo de teatro familiar “Cartoons” PDF Imprimir Correo-e
Martes, 24 Agosto 2021 12:44

 O vindeiro sábado 28 de agosto, ás 20:00 horas, a Praza da Mercé de Verín o espectáculo teatral infantil Cartoons, interpretado por Josito Porto e Víctor Mosquera que ten como eixo central a reciclaxe.

O espectáculo de  Hum e Os comeza ao amencer, cando as enganosas luces da mañá fannos crer que o mundo está a nacer e que todos os nosos soños son posibles aínda. Eles recoñecen o seu mundo de cartón e nel buscan todo o que necesitan para a súa supervivencia e os seus praceres.

A arte poética de converter o lixo en bens de uso diario, tamén incide nas tres famosas "R" s do ecoloxismo: reducir, reutilizar, reciclar. E se o público infantil pode marabillarse con todos estes descubrimentos, imaxínense o público adulto que apenas lembra aquela  omnipotencia imaxinativa que abandonaron ao abandonar a infancia.

Josito Porto e Víctor  Mosqueira, son os intérpretes e creadores de "Cartóons". A experiencia nos distintos rexistros cómicos, a  empatia e complicidade que conseguiron no espectáculo "Cranios privilexiados", e as súas variadas pericias artísticas fan de Josito e Víctor, os actores perfectos para levar a cabo, este espectáculo de tan singular factura. Os dous artistas non deixarán pasar a oportunidade de mostrar os seus talentos para cantalo e tocar instrumentos, e mostrar  l as súas habilidades na área da maxia.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>