Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas O Festival Internacional de Curtas de Verín retransmitirase online por vez primeira
O Festival Internacional de Curtas de Verín retransmitirase online por vez primeira PDF Imprimir Correo-e
Luns, 21 Xuño 2021 12:33

As curtametraxes que se proxecten dentro da selección oficial a concurso do FIC Vía XIV de Verín poderán visionarse, por vez primeira este ano, en modo online. Grazas a un acordo acadado entre a organización do festival e a plataforma festhome.com, será posible a divulgación en liña do contido oficial do festival.


Deste xeito, segundo sinala Carlos Montero, “agardamos chegar a máis espectadores e non só a aqueles que acudan presencialmente ao Auditorio de Verín, sede física do certamen”. “A idea de complementar as sesións presenciais coa retransmisión online permitirá, sen dúbida, xerar máis audiencia global”, destaca o director do FIC Vía XIV de Verín.

A VI edición do Festival Internacional de Curtas de Verín celebrarase entre o 4 e o 12 de setembro próximos na vila do Támega. Como cada ano, as curtas seleccionadas a concurso divulgaranse baixo catro categorías: Horizontes, Outra Mirada, Fronteira e Nova. O certame de curtas atópase xa plenamente insertado  na axenda cultural de Verín e a vindeira edición, ao igual que aconteceu o ano pasado, desenvolverase baixo un estrito protocolo anti-Covid.

 

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>