Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Xela Arias. Poeta nas marxes, o domingo na Casa da Cultura de Verín
Xela Arias. Poeta nas marxes, o domingo na Casa da Cultura de Verín PDF Imprimir Correo-e
Martes, 25 Maio 2021 11:35

 En catro pases, con reserva previa ou con acceso gratuíto antes das funcións, o vindeiro domingo día 30 (12; 18, 19 e 20 horas), na Casa da Cultura exhibirase Xela Arias. Poetas nas marxes.

Estreado en abril, o documental, dirixido por Beatriz Pereira, de media hora de duración e recomendando desde os 12 anos, procura achegarse ás diversas dimensións de Xela Arias, a través de voces expertas na autora (María Xesús Nogueira, Manuel Bragado e Xosé María Álvarez Cáccamo) ou de persoas que a coñeceron ben (Marga do Val, Susana Trigo e Humberto Heredia [Desertores]). Xela Arias. Poetas nas marxes percorre a vida e obra da homenaxeada no día das Letras deste ano, deténdose en todas as arestas que fixeron de Xela Arias unha muller situada nas marxes da literatura, analizando o seu labor como poeta, tradutora e correctora, así como o seu impacto na vida cultural galega. Porque a quinta escritora á que Real Academia Galega homenaxeou desde 1963 co Día das Letras Galegas tiña múltiples faces, entre elas unha faceta rockeira, escribindo letras para os Desertores.

Até o xoves incluído, nos teléfonos 988 410 000/1 ou 988 410 334, das 9 as 14 h, pódense reservar asentos para asistir gratuitamente ás proxeccións. Tamén, antes do comezo das funcións, até completar  un aforo reducido e controlado polo plan de prevención á Covid-19. O documental exhíbese en Verín dentro dun ciclo itinerante financiado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística, que se desenvolve en parte dos concellos que forman parte da Rede de Dinamización  Lingüística, na que está integrado o Concello de Verín. Coa itinerancia, preténdese que a festa da lingua galega se estenda máis alá do 17 de maio e do mes das letras, e que ao longo de case todo o se poida visibilizar e recoñecer a figura, a vida e a obra de Xela Arias. Para iso, ademais do Museo do Mar de Galicia (Vigo) e da Casa da Cultura de Verín, até outubro acollerán o documental concellos tan diversos como A Estrada, A Pobra de Trives, Cabana de Bergantiños, Cerdedo-Cotobade, Fene, Ferrol, Folgoso do Courel, Lalín, Lobios, Marín, Mazaricos, Melide, Moaña, Mondoñedo, Monforte de Lemos, O Carballiño, Ordes, Pereiro de Aguiar, Ponteareas, Ribeira, Sanxenxo, Sarria, Tomiño, Vilalba, Viveiro e Xinzo de Limia.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>