Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas O cartel ilustrador da VI edición do FIC Vía XIV inspírase na película A rosa púrpura do Cairo de Woody Allen e convida ao espectador a somerxerse no festival
O cartel ilustrador da VI edición do FIC Vía XIV inspírase na película A rosa púrpura do Cairo de Woody Allen e convida ao espectador a somerxerse no festival PDF Imprimir Correo-e
Venres, 09 Abril 2021 12:46

 A VI edición do Festival Internacional de Curtas, FIC Vía XIV, de Verín xa conta con cartel ilustrador. Baséase nunha idea de Jorge Godás, director de Creatividade do certame, e foi desenvolvido pola deseñadora Aurora López, natural de Albarellos de Monterrei, que xa asinara o cartel na III edición do certame. Nesta ocasión, a idea gráfica inspírase na famosa película de Woody Allen, A rosa púrpura do Cairo, e convida ao espectador a somerxerse no festival.

Recreando unha das escenas máis coñecidas do filme, na gráfica vese como o actor protagonista introduce dentro da pantalla de cinema a unha espectadora. “Tentar que os asistentes ao FIC se somerxan completamente na programación oficial e paralela que imos preparar para todos e todas é o noso obxectivo como organizadores e queriamos que a idea se plasmara no cartel ilustrativo do certame”, asegura Carlos Montero, director do Festival.

Pola súa banda, a concelleira de Cultura de Verín, Emilia Somoza, sinalou durante a presentación que “o certame de curtas verinés atópase plenamente consolidado na axenda cultural, de ocio e de lecer da vila, logo de seis edicións”. Xunto a isto, a edil indicou que “a celebración do certame en 2020 amosou que se pode recuperar a cultura en época de pandemia, sempre dun xeito seguro” e esta mesma premisa rexerá na VI edición do certame.

Un festival seguro

Na gráfica pode verse como a espectadora que traspasa a pantalla leva máscara. Nesta idea, na da seguridade, os organizadores do FIC Vía XIV queren incidir especialmente por segundo ano consecutivo. Vaise deseñar de novo un estrito protocolo anti-Covid para despregar durante os días que dure o certame no Auditorio de Verín, entre o 4 e o 12 de setembro.

Finalmente, nas butacas do cinema que recrea a gráfica, o espectador máis cinéfilo captará detalles moi ligados á sétima arte como os anteollos de Woody Allen, a princesa Leia ou a nena do Mago de Oz, entre outras iconas características do cinema.


 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>