3ª Edición do Programa de Termalismo Social da Eurocidade |
Martes, 29 Setembro 2009 08:53 |
A Eurocidade Chaves-Verín pon en marcha a terceira edición do Programa de Termalismo Social, que comezará o día 13 de outubro e na que grupos de 30 a 50 persoas poderán acudir ás Termas de Chaves beneficiándose dun desconto especial.
Esta terceira edición do programa permitirá que aos/ás cidadáns/as de Chaves e Verín acudan durante 9 días seguidos, facendo o tratamento que, en cada caso, o médico lles prescriba na consulta, que se realizará no primeiro día. Este tratamento conta con valores especiais en relación aos prezos oficiais, de maneira que este programa custará aos eurocidadáns o mesmo que se fose da man do Imserso ou do Inatel (no caso portugués). No paquete inclúese: transporte en autobús ata as Termas de Chaves e regreso a Verín, consulta de médico e acompañamento de enfermería, consulta de nutrición (opcional), unha sesión informativa sobre alimentación saudable en tempos de gripe, prácticas termais prescritas polo médico hidroloxista, albornoz e kit termal para os tratamentos e cea-buffet con espectáculo de fados. |