O NoiteBús modifica o seu horario na liña Verín-Xinzo de Limia-Allariz |
Venres, 25 Setembro 2009 15:35 |
A liña Verín-Xinzo de Limia-Allariz do servizo de NoiteBús modifica o seu horario a partir do mes de outubro, establecéndose os seguintes horarios de saída ás 23.45 horas e 2 da madrugada (desde Verín), e os de regreso ás 00.45 horas e 3 da madrugada (desde Allariz). * Verín - Xinzo de Limia - Allariz. Os horarios de saída son ás 23.45 horas e 2 da madrugada (desde Verín), e os de regreso ás 00.45 horas e 3 da madrugada (desde Allariz). As paradas que se efectúan son Verín, Pazos, Vilaza, Albarellos, Guimarei, Rebordondo, As Estivadas, Viladerrei, Trasmiras, Abavides, Porto Alto, Xinzo de Limia, Sandiás, Novaíño, Piñeira de Arcos e Allariz. * Oímbra – Verín. Os horarios de saída son ás 22.30 e 24 horas (desde Videferre), e os de volta ás 23.30 e 06.30 horas (desde Verín). As paradas que se realizan son Videferre, Espiño, Bousés, Casa dos Montes, A Granxa, As Chas, Oímbra e Verín. * A Gudiña – Riós – Verín. Os horarios de saída son ás 22 e 24 horas (desde A Gudiña), e os de retorno ás 23 e 6.30 horas (desde Verín). As paradas que se efectúan son A Gudiña, Erosa, San Lorenzo, Navallo, Riós, Vendas da Barreira, San Cristovo, A Trepa, Fumaces e Verín. * Vilardevós – Verín. O horario de saída é ás 23 horas, desde Terroso, e o de regreso ás 6 da madrugada, desde Verín. As paradas que se realizan son Terroso, Vilarello, Arzádegos, Enxames, Vilardevós e Verín. En Verín, tanto a saída como o retorno do Noitebús, efectúase na Estación de Autobuses. |