Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home
Miguel Cid, Juan Reigada, Denis Romasanta e Manuel Paz vencedores do I Torneo Internacional de Xadrez Eurocidade Chaves-Verín e Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 26 Agosto 2009 13:25

A Casa da Cultura de Verín acolleu esta mañá a entrega de premios e diplomas acreditativos do I Torneo Internacional de Xadrez Eurocidade Chaves-Verín e Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín, presidido pola alcaldesa en funcións, María Corona Meixeira Romasanta, e o concelleiro de Deportes e Mocidade, Víctor Manuel Baladrón Lamas.

Os vencedores, e catro primeiros clasificados, deste I Torneo Internacional de Xadrez foron Miguel Cid, Juan Reigada, Denis Romasanta e Manuel Paz. Ademais, neste acto entregáronse os diplomas do I Curso de Xadrez, organizado por Servizos Sociais, dentro de programa de Voluntariado, e a Biblioteca Pública Municipal de Verín, e no que participaron un total de 15 alumnos/as.

Esta actividade, que se desenvolveu o 24 e 25 de agosto na Biblioteca Pública Municipal de Verín, naceu co fin de incentivar o intercambio social entre as poboacións de Chaves e Verín, espertar o interese pola cultura e promover unha ocupación saudable do tempo de lecer entre a “eurocidadanía”.

 
?>