Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home
Programa ‘Convive coas Linguas 2009’ PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 02 Xullo 2009 13:00
A Eurocidade Chaves Verín organiza, por segundo ano consecutivo e debido ao éxito da primeira edición, o programa ‘Convive coas Linguas’. Unha iniciativa entre os dous municipios transfronteirizos que se asenta na realización de actividades lúdico-formativas que fomenten a aprendizaxe do castelán e o portugués e a convivencia entre os/as nenos/as de Verín e Chaves, con idades comprendidas entre os 4 e 14 anos.

Hípica, golf, tenis, sendeirismo, biblio-piscina, festa da escuma, visita á Quinta Biológica do Rebentâo ou degustación de produtos típicos son algunhas das actividades previstas no programa ‘Convive coas Linguas’. Devanditas actividades desenvolveranse, durante os meses de xullo e agosto, en horario de 10.30 a 13.30 os luns e mércores -xornadas nas que os/as nenos/as de Chaves acuden a Verín-, e martes e xoves -os/as nenos/as de Verín desprázanse a Chaves-.

Esta iniciativa é gratuíta e as inscricións realizaranse no Pavillón de Deportes dende hoxe, 2 de xullo.

 
?>