Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Servizos Sociais Novas da Oficina de Información Xuvanil Abre o prazo de inscrición das prazas xuvenís dentro do programa campaña de verán 2016
Abre o prazo de inscrición das prazas xuvenís dentro do programa campaña de verán 2016 PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 13 Abril 2016 10:13

A Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello de Verín abre o prazo de tramitación das solicitudes de inscrición dos/as mozos/as, de entre nove e dezasete anos, interesados/as en participar na campaña de Verán 2016, que promove nos meses de xullo e agosto (durante dez ou quince días) a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado.

A través da oferta desta campaña ofrécese á mocidade a posibilidade de empregar o seu tempo de lecer en actividades de carácter lúdico, cultural, deportivo e formativo, que sirvan non só para divertirse senón tamén para o enriquecemento persoal e vital, ademais de ofrecer a posibilidade de coñecer outros territorios da xeografía nacional a través das actuacións que teñen lugar noutras comunidades autónomas de España.

As persoas participantes disporán dos seguintes servizos:

  • Programa de actividades de carácter sociocultural, recreativo, formativo e convivencial, que posibilite a participación da/o moza/o.
  • Aloxamento en albergue xuvenil, residencia xuvenil ou campamento xuvenil.
  • Manutención en réxime de pensión completa.
  • Material necesario para a actividade.
  • Un equipo técnico de persoal especializado en animación sociocultural e actividades de tempo libre e actividades náuticas, se é o caso.
  • Atención sanitaria de primeiros auxilios e seguro de accidentes.
  • Nas actividades desenvolvidas noutras comunidades autónomas inclúese o transporte desde Santiago de Compostela ou lugar que se sinale como punto de saída, ata o lugar de destino, así como o retorno ata Santiago de Compostela.

Os prezos, dependendo do lugar elixido e se está dentro ou fóra da comunidade galega, oscilan entre 100 e 300 euros. Os membros de familia que teñan o título de numerosa terán un desconto de 50 % , e as persoas usuarias do carné xove o desconto e do 25 %. Devanditos descontos, en ningún caso, serán acumulables.

O prazo de presentación de solicitudes remata o día 23 de abril de 2016, e deben realizarse na Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello de Verín (OMIX), situada na Casa da Xuventude (Avenida de Portugal, 11 bis).


 
Casa da Xuventude de Verín
Avda. de Portugal, 11 bis
Horario:
de Luns a Venres
de 9:00 a 14:00
Tlno.
988.41.47.76
Liñas de Móbil
608.52.01.97
608.52.01.98
Fax
988.41.22.59



?>