Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Servizos Sociais Novas de Educación Familiar Arranca o programa infantil 'Kero-Informátika'
Arranca o programa infantil 'Kero-Informátika' PDF Imprimir Correo-e
Venres, 12 Setembro 2014 15:58

O Concello de Verín, a través da Escola de Familia municipal, pon en marcha o proxecto infantil 'Kero-Informátika', destinado a menores con idades comprendidas entre os 4 e os 10 anos, no que comezarán a familiarizarse cos recursos educativos que ofrece o mundo virtual.


'Kero-Informátika' nace co obxectivo de crear un espazo de conciliación familiar apostando pola coeducación. A través do emprego dos materiais que ofrece a sociedade da comunicación e información, marcaranse as pautas para fomentar unha utilización responsable, pedagóxica, lúdica e cultural do mundo dixital.

Devandito proxecto arrancará o martes 16 de setembro e finalizará o 14 de outubro. O mesmo, que terá lugar durante todos os martes, está articulado no seguinte horario: grupo de 4 a 6 anos (de 17.15 a 18.00 horas) e grupo de 6 a 10 anos (de 18.15 a 19.00 horas). Para máis información e inscrición (aínda quedan prazas libres), dirixirse ao servizo de Educación Familiar (Avda. de Portugal, 11 bis), no correo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo ou no teléfono 988-414776; tamén no no edificio municipal do Lavadoiro (situado na esquina das rúas Rosalía de Castro e Lavadoiro) ou no teléfono  988-411468.

O programa 'Kero-Informátika' atópase enmarcado dentro da iniciativa Escola de Familia Municipal, posta en funcionamento polo departamento de Servizos Sociais do Concello de Verín, e na que tamén se inclúen outras actividades como 'Kero-Kolo', 'Kero-Kedar 'ABC de Costura', Club de Calceta 'Tecendo Soños', 'Sabedoría dos Recordos', titoría de acompañamento sociolaboral e socioeducativa personalizada, 'Se queres, podes' ou accións formativas de reforzo educativo e de preparación para a obtención do graduado en ESO, entre outras. A iniciativa da Escola de Familia Municipal naceu como lugar de encontro, de formación e de intercambio de ideas, experiencias e actividades para todos/as verinenses, que incremente a sensibilización cidadá neste sentido. Está enfocada cara o desenvolvemento positivo de actividades que potencien competencias e actitudes cun carácter pragmático, con mensaxes sinxelos e claros entre as persoas participantes, na que se traballará o esforzo, a cooperación, a responsabilidade, igualdade, autonomía, respecto, aprendizaxe continuo, desexo de saber, creatividade, espírito crítico, asunción de riscos e aceptación de erros.


 
Casa da Xuventude de Verín
Avda. de Portugal, 11 bis
Horario:
de Luns a Venres
de 9:00 a 14:00
Tlno.
988.41.47.76
Liñas de Móbil
608.52.01.97
608.52.01.98
Fax
988.41.22.59


Programa de Educación Familiar


Novas >>>

Teléfonos de Interese

Teléfono da Infancia

900.333.666

Servizo do Menor

988.38.66.21

Gabinete de Orientación Familiar

988.38.61.28


?>