A Obra Social 'La Caixa' otorga unha axuda de 7.000 euros ao Banco Municipal de Roupa e Alimentos do Concello de Verín |
Venres, 12 Decembro 2008 13:20 |
O alcalde do Concello de Verín, Juan Manuel Jiménez Morán, e o director de área de negocio de 'La Caixa' en Ourense, Julio Armada, subscribiron un acordo polo que a Obra Social da entidade financeira sumarase á iniciativa municipal do Banco de Roupa e Alimentos, cunha achega económica de 7.000 euros. A finalidade do Banco Municipal de Roupa e Alimentos é prover ás persoas en situación de urxencia social da localidade, unha axuda inmediata para paliar as necesidades máis básicas, como calzado, roupa, alimentos, complementos infantís e para recentemente nados, xoguetes, libros ou contos infantís; co obxectivo de evitar as situacións de pobreza e marxinación de residentes no termo municipal de Verín. Grupos de voluntarios e traballadores sociais do consistorio encargaranse da recepción, preparación (lavado, reparación e clasificiación) e entrega dos efectos, cuxos destinatarios deberán ser avaliados previamente polos Servizos Sociais do Concello de Verín.
|
Casa da Xuventude de Verín Avda. de Portugal, 11 bis |
Horario: de Luns a Venres de 9:00 a 14:00 |
Tlno. 988.41.47.76 Liñas de Móbil 608.52.01.97 608.52.01.98 Fax 988.41.22.59 |