Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Servizos Sociais Novas da Oficina de Información Xuvanil '@Komezamos.Kom' e 'Que chega Santa Claus e o seu duende' inician as actividades infantís do Nadal en Verín
'@Komezamos.Kom' e 'Que chega Santa Claus e o seu duende' inician as actividades infantís do Nadal en Verín PDF Imprimir Correo-e
Martes, 17 Decembro 2013 14:00

A finais de semana arrancarán as principais actividades de Nadal programadas para os/as menores do municipio. Entre as primeiras atópanse '@Komezamos.Kom', o sábado 21, e 'Que chega Santa Claus e o seu duende', o 23 de decembro, que se realizarán nas prazas do Rei, Maior, Edesio Fuentes e Mercé.

A primeira delas, '@Komezamos.Kom',  terá lugar o vindeiro sábado 21 de decembro a partir das 16 horas. A mesma desenvolverase simultaneamente en tres prazas da localidade. Na do Rei realizaranse obradoiros de maquillaxe e globoflexia, mentres que na de Edesio Fuentes terán lugar obradoiros de tatuaxes e inchables. Na praza Maior está programado un circuíto de eco karts, tiro de precisión e golf, ademais de obradoiros de peitado e maquillaxe.

A segunda, 'Que chega Santa Claus e o seu duende', será o 23 de decembro na praza da Mercé. A partir das 16 horas están programados un gran número de obradoiros, entre os que se atopan, decoración de bolboretas, creando o noso belén, boneco de neve, cartas en forma de reno, bolas de Nadal, bota de Nadal ou un Papá Noel recortable. Todos/os nenos/as deberán acudir acudir cun gorro de Papá Noel, para acompañar a Santa Claus que chega nunha carruaxe de cabalos.

Máis información na Oficina Municipal de Información Xuvenil, situada na Casa da Xuventude, ou no teléfono 988-414776.

 
Casa da Xuventude de Verín
Avda. de Portugal, 11 bis
Horario:
de Luns a Venres
de 9:00 a 14:00
Tlno.
988.41.47.76
Liñas de Móbil
608.52.01.97
608.52.01.98
Fax
988.41.22.59



?>