Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home
O Comité de Monitorización de URBACT aproba o proxecto liderado pola MOT no que se atopa a Eurocidade Chaves-Verin PDF Imprimir Correo-e
Luns, 20 Outubro 2008 11:15
O Comité de Monitorización de URBACT aprobou o proxecto liderado pola MOT no que se atopa a Eurocidade Chaves-Verin. A MOT (Misión Operacional Tranfronteriza é o xefe de fila e o seminario inicial do proxecto terá lugar en Estrarburgo, no Parlamento Europeo, o próximo mes de novembro.
A inclusión da Eurocidade segue á visita de expertos da MOT que tivo lugar o pasado mes de agosto, levada a cabo por tres expertos da organización.

Qué é URBACT ?

É un programa europeo que intenta pór en común experiencias entre cidades europeas e diseminar coñecementos achega do desenvolvemento urbano sostible. Este é o segundo ciclo do programa, sendo que na fase anterior participaron 217 cidades de toda Europa en 38 proxectos diferentes.

O proxecto en concreto en que participa a Eurocidade a través da MOT, cun orzamento de 255.000 euros, denomínase EGTC e o seu obxectivo principal é o desenvolvemento de conurbacións transfronteirizas innovadoras que, con novas fórmulas consigan a mellora de vida dos seus habitantes. O gran desafío da cooperación é atopar respostas conxuntas ás necesidades das súas poboacións en ámbitos como o transporte, os servizos públicos ou a dinamización económica, entre outros.

Para responder a este desafío, o proxecto URBACT “EGTC” pretende promocionar o intercambio de instrumentos de gobernanza das conurbacións transfronteirizas que están nacendo. As outras conurbacións que participan no proxecto son:
- Eurometropole Lille-Kortrijk-Tournai,Francia/Bélxica
- Conurbación Frankfurt on Oder/Slubice, Alemaña/Polonia
- AECT Ister-Granum, Hungria/Eslovaquia
- Eurodistrito Strasbourg-Ortenau, Francia/Alemanha
- Eurodistrito Trinacional Basel, Suíza/Alemaña/Francia

O obxectivo é identificar boas prácticas, definir a metodoloxía e analizar a forma en como os fondos estruturais e outros financiamientos públicos e instrumentos legais poden ser usados no desenvolvemento das conurbacións.

Na actualidade, algunhas das agrupacións transfronteirizas están en fases máis avanzadas deste proceso, outras (especialmente as dos novos Estados Membros) necesitan de boas prácticas como modelos.

O proxecto tamén pretende estudar como as AECTs (agrupacións europeas de cooperación territorial, que son actualmente o único instrumento legal que permite unha gobernanza multi-nivel en Europa) poden constituír un instrumento de referencia no apoio ao desenvolvemento da gobernanza de aglomeracións transfronteirizas.
 
Duración do proxecto: Outubro 2008 - Maio 2010
 
?>