Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Ofic. Virtual Secretaría Ord. Fiscais: Taxas ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLA PRESTACIÓN DO SERVIZO PÚBLICO MUNICIPAL DE AXUDA NO FOGAR
ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLA PRESTACIÓN DO SERVIZO PÚBLICO MUNICIPAL DE AXUDA NO FOGAR PDF Imprimir Correo-e

AxudFogar-Fisal.htm

No uso das facultades conferidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 108 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 20 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locales e no artigo 81 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de administración local de Galicia, o Concello de Verín establece a taxa pola prestación do Servizo público municipal de axuda no fogar, aplicable tanto á súa modalidade de libre concorrencia como de atención á dependencia, a que se refire o artigo 20.4.n) do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, que se rexerá pola presente ordenanza fiscal, con normas que atenden ao previsto no artigo 57 do devandito real decreto lexislativo.


ARTIGO 1: FEITO IMPOÑIBLE

Constitúe o feito impoñible desta taxa a prestación do Servizo público municipal de axuda no fogar, ben directamente ou ben mediante as diversas modalidades de contratación da xestión do servizo público reguladas na normativa vixente.

ARTIGO 2: SUXEITOS PASIVOS

Serán suxeitos pasivos desta taxa, a título de contribuíntes, as persoas físicas, xurídicas ou entidades sen personalidade xurídica propia, que constitúan unha unidade económica ou patrimonio separada susceptibles de imposición, a que se refire o artigo 35.3 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, que soliciten ou que se beneficien da prestación do servizo.

ARTIGO 3: RESPONSABLES

1. Serán responsables solidarios das obrigas tributarias do suxeito pasivo as persoas ou entidades a que se refire o artigo 42 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria.

2. Serán responsables subsidiarios da débeda tributaria as persoas ou entidades ás que se refire o artigo 43 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria.

ARTIGO 4: EXENCIÓNS

1. En virtude do establecido no artigo 61 do Decreto 99/2012, do 16 de marzo, polo que se regulan os servizos sociais comunitarios e o seu financiamento, gozarán de exención da obriga de pagamento da taxa pola prestación do Servizo público municipal de axuda no fogar, na súa modalidade de atención á dependencia, aqueles contribuíntes cuxa capacidade económica sexa igual ou inferior ao indicador de rendas de efectos múltiples (IPREM).

2. En virtude do establecido no artigo 62 do Decreto 99/2012, do 16 de marzo, polo que se regulan os servizos sociais comunitarios e o seu financiamento, gozarán de exención da obriga de pagamento da taxa pola prestación do servizo público municipal de axuda a domicilio, na súa modalidade de libre concorrencia, aqueles contribuíntes cuxa capacidade económica sexa menor do 80% do indicador de rendas de efectos múltiples (IPREM).

ARTIGO 5: TIPOS DE GRAVAME

1. En virtude do establecido no artigo 61 do Decreto 99/2012, do 16 de marzo, polo que se regulan os servizos sociais comunitarios e o seu financiamento, para o copagamento dos usuarios do servizo público municipal de axuda a domicilio, na súa modalidade de atención á dependencia, aplicarase a táboa de tipos de gravame recollida no artigo 17 da Ordenanza municipal reguladora do servizo, expresado en termos de porcentaxe que se satisfará sobre o prezo base por hora do servizo, tendo en conta a capacidade económica de persoa usuaria, segundo o indicador de rendas de efectos múltiples (IPREM), e en función da maior ou menor intensidade do servizo asignado.

2. En virtude do establecido no artigo 62 do Decreto 99/2012, do 16 de marzo, polo que se regulan os servizos sociais comunitarios e o seu financiamento, para o copagamento dos usuarios do Servizo público municipal de axuda no fogar, na súa modalidade de libre concorrencia, aplicarse a táboa de tipos de gravame recollida no artigo 18 da Ordenanza municipal reguladora do servizo, expresado en termos de porcentaxe que se satisfará sobre o prezo base por hora do servizo, tendo en conta a capacidade económica da persoa usuaria, segundo o indicador de rendas de efectos múltiples (IPREM), e en función da maior ou menor intensidade do servizo asignado.

ARTIGO 6: COTA TRIBUTARIA

1. A cota tributaria virá determinada pola aplicación dos tipos de gravame correspondentes, mencionados no artigo anterior, sobre o prezo base por hora do servizo, en función do número de horas de servizo prestado, segundo a maior ou menor intensidade do servizo concedido.

2. O prezo base por hora do servizo queda establecido na contía total de 13,27 euros, sen incluír a repercusión de impostos indirectos que se puidesen devindicar, no caso de xestión indirecta do servizo.

3. O prezo base por hora do servizo será revisable anualmente, incrementándose en función da suba do Índice de Prezos ao Consumo (IPC) interanual xeral correspondente, aprobado oficialmente polo Instituto Nacional de Estatística.

ARTIGO 7: DEVINDICACIÓN

A taxa pola prestación do Servizo público municipal de axuda no fogar devindicarase no momento en que se notifique o inicio da prestación do servizo.

ARTIGO 8: PERÍODO IMPOSITIVO

O período impositivo das taxas pola prestación do Servizo público municipal de axuda no fogar será mensual.

ARTIGO 9: INGRESO

O pagamento das taxas pola prestación do Servizo público municipal de axuda no fogar, unha vez prestado o servizo e dentro dos primeiros vinte días do mes seguinte, realizarase mediante domiciliación bancaria, que autorizará o seu solicitante, por escrito, no momento da concesión.

ARTIGO 10: INFRACCIÓNS E SANCIÓNS

As infraccións e sancións tributarias rexeranse, no relativo aos pagamentos, pola Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria e polo Real decreto 939/2005, do 29 de xullo, pola que se aproba o regulamento xeral de recadación, e, no resto das materias, polo disposto na Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia.

DISPOSICIÓN ADICIONAL PRIMEIRA: REFERENCIAS NORMATIVAS

As referencias normativas contidas na presente ordenanza fiscal, entenderanse automaticamente referidas ás normas que se aproben ou que as substitúan.

DISPOSICIÓN ADICIONAL SEGUNDA: NORMATIVA SUPLETORIA

Para o non previsto nesta ordenanza fiscal, será de aplicación a Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria e a restante normativa complementaria e concordante, ditada na súa aplicación e desenvolvemento.

DISPOSICIÓN FINAL ÚNICA: ENTRADA EN VIGOR

A presente ordenanza fiscal entrará en ao día seguinte da súa publicación íntegra no Boletín Oficial da provincia.

O Alcalde:Juan Manuel Jiménez Morán
A Secretaria: Pilar del Carmen Saborido Díaz



DILIXENCIA: para facer constar que a precedente ordenanza publicouse integramente no BOP de Ourense número 115 de data 22 de maio de 2014.

A Secretaria: Pilar del Carmen Saborido Díaz

 

?>