Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Servizos Sociais Novas da Oficina de Información Xuvanil O Educamóbil visita Verín
O Educamóbil visita Verín PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 21 Agosto 2013 11:38

O venres 23 de agosto, de 10 a 13 horas, o autobús Educamóbil desprazarase ata Verín, para ofertar actividades lúdico e educativas a nenos/as con idades comprendidas entre os 4 e 11 anos.

Este autobús instalarase na rúa Irmáns Moreno, fronte ao Pavillón Municipal de Deportes de Verín, e no seu interior os/as menores poderán participar en iniciativas de lectura e música, xogos educativos e informática; onde estarán atendidos por persoal cualificado (o aforo máximo é de 20 nenos/as).

Este servizo gratuíto, ofertado pola Fundación Seur e a Deputación Provincial de Ourense, xa visitou Verín nas últimas dúas xornadas de feira, e percorreu con anterioridade diferentes puntos da provincia para ofrecer alternativas de lecer e formación aos/ás máis pequenos/as do rural ourensán e converterse nunha iniciativa para conciliar a vida familiar e laboral dos pais e nais.

 
Casa da Xuventude de Verín
Avda. de Portugal, 11 bis
Horario:
de Luns a Venres
de 9:00 a 14:00
Tlno.
988.41.47.76
Liñas de Móbil
608.52.01.97
608.52.01.98
Fax
988.41.22.59



?>