Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Servizos Sociais Novas da Oficina de Información Xuvanil Xogos educativos, deportes e acampada nocturna para os menores da Ludoteca de Verín
Xogos educativos, deportes e acampada nocturna para os menores da Ludoteca de Verín PDF Imprimir Correo-e
Venres, 16 Agosto 2013 13:24

Durante as vindeiras xornadas, os menores da Ludoteca de Verán do Concello de Verín (servizo de conciliación e coeducación “Convive en igualdade”) formarán parte de actividades deportivas, xogos educativos e unha sesión de acampada nocturna.

A primeira actividade, “Rastreo por Verín”, terá lugar o luns e na mesma os nenos/as, de 6 e 10 anos, percorrerán as rúas da localidade para superar 15 probas educativas, que realizarán por grupos, e que lles permitirá coñecer o patrimonio histórico e cultural. O martes e xoves, actividades lúdicas nas piscinas descubertas de A Granxa, e o mércores, xornada deportiva con clases de piragüismo para nenos/as de 6 a 10 anos na praia fluvial de Verín. Ese mesmo día, pero para os/as máis pequenos/as, de dous anos e medio a cinco, inchables. E xa o xoves 22 de agosto, nas instalacións da Ludoteca de Verán, a partir das 20 horas, terá lugar unha acampada nocturna para os/as menores. Unha velada na que se programarán actividades específicas para eles/as como contacontos, e na que os/as nenos/as deben levar un saco de durmir, roupa e produtos de aseo persoal.

Estas actividades son algunhas das que está a realizar, ao longo destes meses, o servizo da Ludoteca de Verán, co obxecto de conciliar a vida laboral e familiar dos proxenitores e cubrir o tempo vacacional dos/as menores, con idades comprendidas entre os 3 e 10 anos. Outras das actividades que se están a programar son obradoiros educativos e lúdicos de igualdade e coeducación, baile, xogos populares e tradicionais, animación á lectura e contacontos (na Biblioteca de Verín), piscina, novas tecnoloxías ou cine infantil, entre outras. Sen esquecer, iniciativas  adicadas a diferentes temáticas como reciclaxe con Sogama (no mes de setembro), alimentación, saúde ou persoas maiores; así como a actividade “Ponlle as pilas ao teu Bocata” (tamén en setembro), Educamóbil (o vindeiro 23 de agosto) ou obradoiros coa Cruz Vermella.

 
Casa da Xuventude de Verín
Avda. de Portugal, 11 bis
Horario:
de Luns a Venres
de 9:00 a 14:00
Tlno.
988.41.47.76
Liñas de Móbil
608.52.01.97
608.52.01.98
Fax
988.41.22.59



?>