ORDENANZA MUNICIPAL REGULADORA DOS PREZOS PÚBLICOS APLICABLES Á UTILIZACIÓN E DISFRUTE DAS INSTALACIÓNS E SERVIZOS PÚBLICOS DA ESTACIÓN MUNICIPAL DE AUTOBUSES DE VERÍN |
![]() |
![]() |
![]() |
ARTIGO 1: CONCEPTO De conformidade co disposto nos artigos 41 e seguintes do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, establécese o prezo público pola utilización e disfrute das distintas instalacións e servizos públicos da Estación Municipal de Autobuses de Verín, cuxa explotación está suxeita á concesión administrativa, no seu momento acordada. ARTIGO 2: OBRIGADOS AO PAGAMENTO Están obrigados ao pagamento deste prezo público, as persoas físicas e xurídicas que utilicen, no seu propio beneficio, as instalacións e servizos públicos da Estación Municipal de Autobuses de verín. ARTIGO 3: CONTÍA A contía do prezo público que regula esta ordenanza será a seguinte:
ARTIGO 4: OBRIGA DE PAGAMENTO 1. A obriga do pagamento do prezo público que regula esta ordenanza xorde como consecuencia da utilización das instalacións e do disfrute dos servizos públicos da Estación Municipal de Autobuses de Verín, para os fins de que se trate. 2. O cobramento das distintas tarifas e conceptos expresados no artigo anterior corresponde ao concesionario da explotación, que poderá solicitar, da administración concedente, que, en canto aos dereitos o seu favor, dimanantes desta ordenanza e que, polas razóns que fose, non percibira, se siga, contra os debedores, o procedemento administrativo de prema, previsto no Regulamento xeral de recadación. DISPOSICIÓN FINAL A presente ordenanza municipal entrará en vigor e resultará de aplicación ao día seguinte da súa publicación íntegra no Boletín Oficial da Provincia, permanecendo vixente até a súa modificación ou derrogación expresa. O alcalde: Juan Manuel Jiménez Morán A secretaria: Pilar del Carmen Saborido Díaz DILIXENCIA: Para facer constar que a precedente ordenanza publicouse integramente no BOP de Ourense número 159 de data 12 de xullo de 2014.
A secretaria: Pilar del Carmen Saborido Díaz |