Segunda edición do programa de Termalismo Saudable 2013 |
|
|
|
Luns, 08 Xullo 2013 13:07 |
Desde o departamento de Servizos Sociais Comunitarios do Concello de Verín, infórmase que ata o 30 de setembro está aberto o prazo de inscrición para participar na seguna edición do programa Termalismo Saudable 2013, da Deputación de Ourense.
Poderán ser beneficiarios/as deste programa as persoas físicas que reúnan os seguintes requisitos: - Ter cumprido cando menos cincuenta anos de idade na data da formulación da solicitude. - Estar empadroado nalgún municipio da provincia de Ourense. - Non padecer enfermidade nin alteración ou contraindicación médica que dificulte ou impida a normal convivencia nos balnearios. - Ser persoa válida para as actividades da vida diaria (os/as acompañantes poderán ser beneficiarios aínda que non reúnan os requisitos anteriores).
O programa de Termalismo Saudable 2013 ten dúas modalidades: - Programa A- Estancia en Balnearios, que inclúe: duración de 6 días con 5 noites de estancias, pensión completa con bebidas incluídas, dez técnicas de balnearios, animación sociocultural e recoñecemento médico voluntario á chegada. - Programa B- Tratamento Balneario, que inclúe: duración de 5 días de tratamento e 10 técnicas de balnearios.
A documentación a adxuntar é a seguinte: - Copia do DNI do solicitante e, se é o caso, do acompañante - Certificado ou volante de empadroamento do solicitante principal - Copia do DNI do representante ou autorización para a formulación da solicitude.
Para máis información e presentación de solicitudes deben dirixirse ao departamento de Servizos Sociais Comunitarios do Concello de Verín (Área de Maiores), situado na Casa da Xuventude (Avda. de Portugal, 11), no teléfono 988-414776 ou a través da plataforma informática http://termalismo.depourense.es.
|