Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Servizos Sociais Novas de Educación Familiar Coaching e estudo da violencia en Ourense no curso “Mediación e xestión de conflitos” de Verín
Coaching e estudo da violencia en Ourense no curso “Mediación e xestión de conflitos” de Verín PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 20 Marzo 2013 14:55

Mañá, o salón de actos da Casa da Cultura de Verín acollerá, a partir das 16 horas, os obradoiros 'Introdución ao Coaching' e 'Estudo sobre a violencia na provincia de Ourense', enmarcados no curso 'Mediación e xestión de conflitos”, organizado polo Centro Asociado da UNED en Ourense e o departamento de Educación Familiar do Concello de Verín -coa colaboración do CDR Portas Abertas-.


O primeiro obradoiro, 'Introdución ao Coaching', será a cargo de Elena Garrido Villarino -Escuela Europea de Líderes-, que amosará a partir dunha metodoloxía participativa e dinámica que é o Coaching e as súas posibilidades como instrumento ao servizo de desenvolvemento tanto de persoas, como de empresas e organizacións. Mentres que durante o segundo, Fernando Serrulla Rech, médico forense do Instituto de Medicina Legal de Galicia, presentará un estudo sobre a violencia na provincia de Ourense.

Na xornada do venres, 22 de marzo, desde ás 16.30 horas, tamén na Casa da Cultura terá lugar o relatorio 'Que é a mediación e como nos axuda a resolver os conflitos?, a nivel familiar, laboral, veciñal, asociativo', a cargo do mediador familiar Rogelio López Dacal, na que se amosará como actuar ante os conflitos, ben sexan escolares, familiares, veciñais ou laborais, entre outros. E ás 19 horas será a quenda para o grupo La Caja de Pandora que representará a actividade teatral de sensibilización 'Desconexión'.

O curso “Mediación e xestión de conflitos”, dirixido por Tiberio Feliz Murias da Facultade de Educación UNED e coordinado en Ourense por Miguel Guerra Rodríguez, conta con máis de 100 alumnos/as procedentes de toda a xeografía galega e norte de Portugal. Os obxectivo do mesmo, con prazas limitadas por orde de inscrición, son identificar e valorar os factores que inflúen na orixe, desenvolvemento e resolución do conflito; así como coñecer e valorar estratexias, técnicas e programas para a solución do conflito.

As restantes xornadas previstas no curso “Mediación e xestión de conflitos”son as seguintes:
Venres, 05 de abril de 2013
- De 16 a 19.30 horas: obradoiro 'Crecemento en autoestima e comunicación familiar: coñécete a ti mesmo, créate a ti mesmo', presentada por Isabel Calle Santos, titora psicoloxía da UNED Ourense.
- De 19.30 a 21 horas: relatorio  'Bullying e mediación escolar', impartido por Plácido Blanco Bembibre, catedrático de Orientación Educativa no IES Carlos Casares de Viana do Bolo.

Sábado, 06 de abril de 2013
- De 11 a 13 horas: mesa redonda 'Os perigos dun mundo globalizado: Internet e as novas tics', moderada por Rafael Cid Fernández, director TVE en Galicia, e coa participación de Manuel Corredoira López, director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación; Maite Jiménez, directora do IES García Barbón de Verín y presidenta da Asociación de Directores/as de Galicia, María Lameiras, vicerrectora do Campus de Ourense e inspector de formación da Comisaría de Policía Nacional de Ourense.

Xoves, 11 de abril de 2013
- De 20 a 22 horas: obradoiro 'Bullying, mediación e violencia en imaxes'. Debate dirixido Manuel Ayán de Cine Club Nosferatu-Verín, Tamara Balboa, traballadora social do CDR Portas Abertas, e Javier Cid, traballador social e coordinador de Servizos Sociais do Concello de Verín.

Xoves, 25 de abril de 2013
- De 20 a 22 horas: relatorio 'Educar dando o que necesitan', a cargo de José María Toro Alés, mestre de ensinanza primaria, actualmente en excedencia voluntaria e adicado a tarefas de formación de diversos colectivos, especialmente no ámbito da educación e da saúde.

 
Casa da Xuventude de Verín
Avda. de Portugal, 11 bis
Horario:
de Luns a Venres
de 9:00 a 14:00
Tlno.
988.41.47.76
Liñas de Móbil
608.52.01.97
608.52.01.98
Fax
988.41.22.59


Programa de Educación Familiar


Novas >>>

Teléfonos de Interese

Teléfono da Infancia

900.333.666

Servizo do Menor

988.38.66.21

Gabinete de Orientación Familiar

988.38.61.28


?>