Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Servizos Sociais Novas da Oficina de Información Xuvanil A OMIX de Verín tramita 270 carnés xoves no 2012
A OMIX de Verín tramita 270 carnés xoves no 2012 PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 02 Xaneiro 2013 13:33

A Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello de Verín tramitou no pasado ano 2012 un total de 270 carnés xoves, unha cifra similar ao ano anterior e que mantén a liña de crecemento iniciada no mesmo.

Este carné é unha tarxeta persoal e intransferible á disposición da mocidade galega, que a acredita como tal, e coa que obtén descontos e vantaxes das entidades colaboradoras en Galicia, no resto das comunidades autónomas españolas e nos 40 países europeos adheridos ao programa do Carné Xove, agás excepcións propias de cada comunidade ou país. Entre os descontos máis solicitados pola mocidade están as entradas aos museos e cines, adquisición de billetes para medios de transporte (como tren, autobús ou avión), rebaixas no carné de conducir ou en establecementos comerciais como tendas de roupa, calzados ou ópticas, entre outros.

Poden solicitalo todos os/as mozos e mozas entre 12 e 30 anos, ambos os dous inclusive. A vixencia é de dous anos a partires da data de expedición (e sempre sen superar os 30 anos, inclusive). Para facer este carné, hai que cubrir un impreso de solicitude, acreditando a túa identidade co DNI ou pasaporte e pagar 6€ mediante o impreso das taxas.

Este carné está homologado cos que emiten o resto das comunidades autónomas e países de Europa que están adheridos a este programa, polo que se pode utilizar en calquera deles nas mesmas condicións, agás excepcións propias de cada comunidade ou país. Ademais, entre as prestacións do Carné Xove destacan os servizos financeiros e as garantías no estranxeiro, a través das cales a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado pretende fomentar o desenvolvemento, a mobilidade e a mellora de condicións de vida cotiá dos mozos e mozas galegos.

A Oficina Municipal de Información Xuvenil ademais de tramitar este carné, tramita os carnés de Alberguista, (Xove, Adulto, Familiar e Grupo), o Carné Teacher, e do Estudante.

 
Casa da Xuventude de Verín
Avda. de Portugal, 11 bis
Horario:
de Luns a Venres
de 9:00 a 14:00
Tlno.
988.41.47.76
Liñas de Móbil
608.52.01.97
608.52.01.98
Fax
988.41.22.59



?>