Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Ofic. Virtual Servizos Sociais sas-xitano Novo curso de informática para mulleres do colectivo xitano na aula CeMIT de Verín
Novo curso de informática para mulleres do colectivo xitano na aula CeMIT de Verín PDF Imprimir Correo-e
Luns, 17 Decembro 2012 12:53

A aula Multimedia do Concello de Verín e o departamento Plan Xitano do Concello de Verín organiza un curso de informática destinado ás mulleres deste colectivo.

Devandito curso, que terá lugar durante toda esta semana, impartirase de de 16 a 17.30 horas e está destinado únicamente a mulleres. O mesmo, de 'Iniciación á informática e Internet', ten por obxecto dar a coñecer as novas tecnoloxías ás mulleres da poboación xitana de Verín, co fin de achegar e fomentar as utilidades de internet dentro deste colectivo.

A Oficina do Plan Xitano forma parte do Programa de Intervención Integral co Colectivo Xitano do Concello de Verín. Este programa naceu para atender aquelas necesidades máis relevantes do colectivo xitano e promover o seu desenvolvemento dentro do marco da súa propia cultura para a asistencia, prevención da marxinación e inserción social. Os proxectos que se están a realizar son: servizos sociais, vivenda e aloxamento, apoio á escolarización, inserción socio-laboral, saúde e mellora da participación social. Por este motivos se están a desenvolver actividades como: difusión e tramitación de servizos, axudas e prestacións, clases de apoio a menores en idade escolar, titoría extraescolar, comité de seguimento escolar, clases de alfabetización, cursos de formación laboral, control sanitario na infancia ou mellora de hábitos alimenticios, entre outras.

 
Casa da Xuventude de Verín
Avda. de Portugal, 11 bis
Horario:
de Luns a Venres
de 9:00 a 14:00
Tlno.
988.41.47.76
Liñas de Móbil
608.52.01.97
608.52.01.98
Fax
988.41.22.59



?>