Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Ofic. Virtual Secretaría Ord. Fiscais: Impostos ORDENANZA FISCAL REGULADORA DO IMPOSTO SOBRE ACTIVIDADES ECONÓMICAS (I.A.E.)
ORDENANZA FISCAL REGULADORA DO IMPOSTO SOBRE ACTIVIDADES ECONÓMICAS (I.A.E.) PDF Imprimir Correo-e

CAPÍTULO PRIMEIRO: NATUREZA

ARTIGO 1: FUNDAMENTO

O  Imposto  sobre  actividades  económicas  é  un tributo directo  de  carácter  real  que  se establece, con carácter obrigatorio,  polos  artigos  15.2  e  59.1  do Real decreto lexislativo  2/2004, do  5  de  marzo, polo que se aproba o Texto  refundido  da  Lei  reguladora das facendas locais, e regulado  de  conformidade cos artigos 78 e seguintes, ambos inclusive, de dita disposición:

CAPÍTULO SEGUNDO: FEITO IMPOÑIBLE

ARTIGO 2: FEITO IMPOÑIBLE

O Imposto sobre actividades económicas grava o exercicio, en   territorio   nacional,   de  actividades empresariais, profesionais  ou  artísticas,  se  exerzan  ou  non en local determinado  e  se achen ou non especificadas nas tarifas do imposto.

ARTIGO 3: PROBA DO EXERCICIO DA ACTIVIDADE

1.-  O  exercicio  habitual  dunha actividade gravada con este  imposto  probarase  por  calquera medio  admitido  en dereito e, en particular:

A)   Calquera   declaración   tributaria  formulada  polo interesado ou polos seus representantes legais.

B)  Recoñecemento  efectuado  polo  interesado ou os seus representantes  legais  en  calquera expediente tributario, dilixencias ou actas de inspección.

C) Datos obtidos nos libros ou rexistros de contabilidade levados por toda clase de organismos  ou  empresas, debidamente  certificados  polos  seus  encargados  ou  pola propia administración.

D)  Datos  facilitados  por toda clase de autoridades por iniciativa   propia  ou  a  requirimento  da administración tributaria competente.

E)  Datos  facilitados polas cámaras oficiais, colexios e asociacións  profesionais e demais institucións oficialmente recoñecidas,  por  propia  iniciativa  ou  a requirimento da administración.

2.- En particular, presumirase o exercicio habitual dunha actividade  gravada  con este imposto desde que a persoa que se propoña exercelo anuncie por circulares, carteis,rótulos, periódicos  ou anuncios  expostos ó público, ou de calquera outro  modo,  o  exercicio  dunha  actividade gravada, salvo proba en contra.

CAPÍTULO TERCEIRO: SUXEITOS PASIVOS

ARTIGO 4: CONTRIBUÍNTES

Son   suxeitos   pasivos   deste  imposto,  a  título  de contribuíntes,   as   persoas  físicas  ou xurídicas  e  as entidades  sen personalidade xurídica propia a que se refire o  artigo  35.4  da  Lei 58/2003,  do 30 de decembro, xeral tributaria,  sempre  que  realicen,  en territorio nacional, calquera das  actividades  que  orixinan o feito impoñible.

CAPÍTULO CUARTO: BENEFICIOS FISCAIS

SECCIÓN I: EXENCIÓNS

ARTIGO 5: EXENCIÓNS

1.-  Estarán  exentas  do  imposto,  trala  solicitude do suxeito pasivo:

A) Os organismos públicos de investigación.

B) Os establecementos de ensino en tódolos seus graos que cumpran calquera das seguintes condicións:1º   Que   se   achen   custeados  con  fondos  estatais, autonómicos, locais ou de fundacións declaradas benéficas ou de utilidade pública. 2º  Que,  carecendo de ánimo de lucro, se achen en réxime de concerto educativo.

C)  As  asociacións  e  fundacións de diminuídos físicos, psíquicos   e   sensoriais,   sen   ánimo de  lucro,  polas actividades de carácter pedagóxico, científico, asistenciais e  de emprego, que, para o ensino, educación, rehabilitación e tutela de minusválidos realicen.

2.-  A solicitude presentarase antes do comezo do devengo do  imposto,  aportando  toda  a documentación  que resultenecesaria   para   acreditar  cada  unha  das  condicións  e requisitos para cumprir.

3.- A exención será outorgada mediante acordo da Xunta de Goberno  Local,  tralo informe do servizo de Intervención, e prolongarase  até  o  momento  en que deixen de cumprirse as condicións  e requisitos  que motivaron o seu outorgamento, tendo  o  suxeito  pasivo a obriga de comunicar este feito á administración municipal.

SECCIÓN SEGUNDA: BONIFICACIÓNS

ARTIGO 6: BONIFICACIÓNS POR CREACIÓN DE EMPREGO

1.- Ó  abeiro  do  establecido no artigo 88.2.b) do Real decreto  lexislativo  2/2004,  do  5  de  marzo, polo que se aproba  o  Texto  refundido  da  Lei reguladora das facendas locais,  obterán  unha bonificación  no imposto os suxeitos pasivos  que tributen por cota municipal e que incrementaran o promedio  do  seu  cadro  de persoal de traballadores con contrato  indefinido  durante o período impositivo inmediato anterior ó da aplicación de dita bonificación, en relación ó período anterior a aquel.

2.-  As   bonificacións   que  se  aplicarán  segundo  o incremento  do promedio do cadro de persoal de traballadores con  contrato  de  traballo  por  tempo  indefinido serán as seguintes:

a) Incremento de 1 a 3 traballadores 15%
b) Incremento de 4 a 6 traballadores 30%
c) Incremento de 7 traballadores en diante 50%

 

ARTIGO  7:  BONIFICACIÓNS  POR APROVEITAMENTO DE ENERXÍASRENOVABLES

De conformidade co artigo 88.2.c), parágrafo primeiro, do Real  decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba  o  Texto  refundido  da  Lei reguladora das facendas locais,  obterán  unha  bonificación  do  50% no imposto, os suxeitos  pasivos  que  tributen  por  cota  municipal e que utilicen ou produzan enerxía a partir de instalacións para o aproveitamento   de   enerxías  renovables  ou  sistemas  de coxeración.

ARTIGO 8: PROCEDEMENTO DE OUTORGAMENTO

1.-A  solicitude  presentarase  antes  do  devengo  do imposto,  aportando  toda  a documentación que acredite cada unha das condicións e requisitos para cumprir.

2.-  A  bonificación  será  outorgada  mediante acordo da Xunta de Goberno Local e prolongarase:

a)  No  caso  de  bonificacións  por creación de emprego, durante o exercicio para o que se solicite.

b)   No  caso  de  bonificacións  por  aproveitamento  de enerxías   renovables,   mentres   duren  as  condicións  e requisitos que motivaron a súa concesión.

3.-  As bonificacións anteriormente sinaladas poderán ser aplicadas simultaneamente.

CAPÍTULO QUINTO: TARIFAS E COTA TRIBUTARIA

ARTIGO 9: TARIFAS

As  tarifas do imposto serán aquelas definidas como talesno  Real  decreto  lexislativo 1175/1990, do 28 de setembro,polo  que  se  aproban  as tarifas e a instrución do Impostosobre  actividades  económicas,  así  como  no  Real decretolexislativo  1259/1991,  do 2 de agosto, polo que se aprobanas  tarifas  e  a  instrución  do  Imposto sobre actividadeseconómicas     correspondentes     á   actividade   gandeiraindependente.

ARTIGO 10: COTAS

1.-  As  cotas contidas nas tarifas clasifícanse en cotasmínimas  municipais,  cotas  provinciais  e cotas nacionais,sendo  cada  unha  delas  as  que,  con tales denominacións,aparecen nas tarifas do imposto.

2.-   Son  cotas  mínimas  municipais  as  que,  con  taldenominación,   aparecen   especificamente   sinaladas   nastarifas,  sumando,  no  seu  caso, o elemento superficie doslocais nos que se realicen as actividades gravadas, así comocalquera  outra  que  non  teña a cualificación expresa, nasreferidas tarifas, de cotas provinciais ou nacionais.

ARTIGO 11: COEFICIENTE DE SITUACIÓN

1.-  De  conformidade co establecido no artigo 87 do Realdecreto  lexislativo  2/2004,  do  5  de  marzo, polo que seaproba  o  Texto  refundido  da  Lei reguladora das facendaslocais,   recoñécense   dúas   categorías  de  rúas  para  atotalidade  do  municipio,  sendo o coeficiente de situaciónaplicable  para  cada  categoría  o  que, a continuación, sesinala:

Rúas clasificadas de primeira categoria 1,2
Rúas clasificadas de segunda categoria 1,1

 

2.-  A  clasificación das diversas rúas situadas no termomunicipal  de  Verín efectuarase conforme se sinala no anexoque acompaña a esta Ordenanza fiscal.

3.- No caso de que un local ou instalación que non merezaa consideración de tal, teña acceso a dúas rúas clasificadasde distinta categoría, tributará de acordo coa clasificaciónde categoría máis alta.

4.-  Para  os  efectos de liquidación do imposto, a cota,incrementada pola aplicación do coeficiente de ponderación aque  se  refire  o  artigo  86  do  Real decreto lexislativo2/2004,  do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundidoda  Lei  reguladora das facendas locais, multiplicarase polocoeficiente  de situación aplicable á categoría das rúas nasque  se  ache situado o correspondente local ou instalación.

ARTIGO 12: COTAS TRIBUTARIAS

A  cota  tributaria  será  o  resultado da aplicación dastarifas   do   imposto,   así  como  os  coeficientes  e  asbonificacións  previstos  pola Lei e, no seu caso, acordadospor   este  Concello  e  regulados  nas  ordenanzas  fiscaisrespectivas.

CAPÍTULO SEXTO: PERÍODO IMPOSITIVO E DEVENGO

ARTIGO 13: PERÍODO IMPOSITIVO

O  período  impositivo coincide co ano natural, salvo quese  trate  de  declaracións de alta, en cuxo caso abranguerádende  a  data  do  comezo  da actividade até o final do anonatural.

ARTIGO 14: DEVENGO

1.-  O  imposto  devengarase  o  primeiro  día do períodoimpositivo. 2.-  Ó  tratarse  de  espectáculos, cando as cotas esteanestablecidas  por  actuacións  illadas,  o devengo prodúcesepola  realización de cada unha delas, debéndose presentar ascorrespondentes declaracións de alta e baixa.

ARTIGO 15: COTAS IRREDUCIBLES

1.- As cotas serán irreducibles, salvo cando:

a)  Nos  casos de declaración de alta, o día de comezo daactividade  non coincida co ano natural, en cuxo suposto, ascotas  calcularanse proporcionalmente ó número de trimestresnaturais que restan para finalizar o ano, incluíndo o día docomezo do exercicio da actividade gravada.

b)  Nos  casos  de  declaración  de  baixa  por  cese  noexercicio  da  actividade,  as  cotas  serán  rateables  portrimestres  naturais,  excluído  aquel  trimestre  no que seproduza dito cese.

2.-  Para  os  efectos  previstos na letra b) do apartadoanterior, os suxeitos pasivos poderán solicitar a devoluciónda  parte  da cota correspondente ós trimestres naturais nosque non se exercera a actividade gravada.

3.-  Con  este  fin,  os  suxeitos  pasivos  achegarán  ásolicitude  copia  da  declaración de baixa tramitada ante aadministración  tributaria  competente, debéndose tomar comodata  de  baixa,  para  o  correspondente  rateo,  a data depresentación  da  declaración  de  baixa  ante  as  oficinastributarias respectivas.

4.- Será competente para acordar a devolución de ingresosindebidos   que   corresponda   por  cese  no  exercicio  daactividade, a Xunta de Goberno Local.

5.-  De  conformidade  co  artigo  9.2  do  Real  Decreto1041/2003,  do 1 de agosto, polo que se aproba o regulamentopolo   que   se  regulan  determinados  censos  tributarios,incluirase  como  baixa  nun determinado trimestre a tódalasdeclaracións  de  baixa presentadas durante o mes seguinte áfinalización de dito trimestre.

CAPÍTULO SÉTIMO: XESTIÓN TRIBUTARIA

ARTIGO 13: XESTIÓN E COMPETENCIAS

1.-  A  xestión  do  imposto axustarase ó establecido nosartigos  90 e 91 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 demarzo,   polo  que  se  aproba  o  Texto  refundido  da  Leireguladora das facendas locais, no Real decreto 243/1995, do17  de  febreiro, polo que se ditan normas para a xestión doImposto   sobre   actividades   económicas  e  se  regula  adelegación  de competencias en materia de xestión censual dedito  imposto, así como nas demais normas que a complementenou  desenvolvan  e,  no  seu caso, na Ordenanza fiscal xeralque, nesta materia puidese aprobar este Concello.

2.-  Corresponderá á administración tributaria do Estado:

a) A formación da matrícula do imposto.

b) A cualificación das actividades

.c) O sinalamento das cotas correspondentes.

d) A xestión censual do tributo, en xeral.

e) A inspección tributaria.

f)  O  coñecemento  de  reclamacións que se presenten porrazón  de calquera das competencias anteriormente sinaladas.

3.-   Corresponderá  á  administración  tributaria  desteConcello:

a) A recadación.

b) A concesión e denegación de beneficios fiscais.

c)   A   realización   das   liquidacións  conducentes  ádeterminación das débedas tributarias.

d) A emisión dos instrumentos de cobramento.

e)  Resolución  de  expedientes de devolución de ingresosindebidos.

f)  Resolución  de  recursos  que se interpoñan contra osactos anteriormente sinalados.

g)  Actuacións  para  a  información  e  a  asistencia  ócontribuínte  referidas  a calquera de entre estas materias.

h)  A  revisión,  en  xeral,  dos actos ditados en vía dexestión tributaria deste imposto.

4.-  O  disposto  neste artigo enténdese sen prexuízo dasdelegacións  de  competencias,  convenios  de colaboración edemais mecanismos de cooperación establecidos e regulados nanormativa vixente.

CAPÍTULO OITAVO: INFRACCIÓNS E SANCIÓNS

ARTIGO 14: RÉXIME SANCIONADOR

En  todo  o relativo ás infraccións tributarias e as súasdistintas  cualificacións,  así  como  á  determinación  dassancións  que, por elas, puidesen corresponder en cada caso,aplicaranse  as normas establecidas na Lei 58/2003, do 30 dedecembro,  xeral  tributaria  e  nas  demais  leis do Estadoreguladoras  da materia, así como as disposicións ditadas nasúa aplicación e desenvolvemento, en especial o Real decreto1930/1998,  do  11  de  setembro,  polo  que se desenvolve oréxime  sancionador tributario, o Real decreto 1398/1993, do4   de   agosto,   polo  que  se  aproba  o  Regulamento  doprocedemento para o exercicio da potestade sancionadora e asOrdenanzas  fiscais  xerais que, en materia de infraccións esancións   tributarias,  puidesen  ser  aprobadas  por  esteConcello.

DISPOSICIÓNS ADICIONAIS

DISPOSICIÓN ADICIONAL ÚNICA

1.-  Para  todo  o  non expresamente regulado na presenteordenanza fiscal, en orde á xestión municipal deste tributo,estarase ó disposto no Real decreto lexislativo 2/2004, do 5de  marzo,  polo  que  se  aproba  o  Texto refundido da Leireguladora  das  facendas  locais,  a  Lei 58/2003, do 30 dedecembro, xeral tributaria, así como pola restante normativae   demais   disposicións  complementarias  e  concordantes,ditadas na súa aplicación e desenvolvemento.

2.-  Toda referencia feita na presente ordenanza fiscal aleis   e   demais   disposicións   estatais  ou  autonómicasentenderanse efectuadas, igualmente, ás que, no seu caso, assubstitúan ou modifiquen.

DISPOSICIÓNS TRANSITORIAS

DISPOSICIÓN TRANSITORIA ÚNICA

As   disposicións  desta  ordenanza  fiscal  relativas  áconcesión  ou  outorgamento  de  beneficios fiscais só seránaplicables   para   os   expedientes   administrativos  cuxatramitación  se  inicie  a  partir da entrada en vigor destaordenanza   fiscal,   quedando   expresamente   prohibida  aretroactividade nesta materia.

DISPOSICIÓNS DERROGATORIAS

DISPOSICIÓN DERROGATORIA ÚNICA

1.-  Queda derrogado o texto da anterior Ordenanza fiscalreguladora do Imposto sobre actividades económicas, aprobadopolo  Pleno  desta  Corporación  en sesión extraordinaria dedata  10  de decembro de 1991 e publicada no Boletín Oficialda  provincia  de Ourense número 25 de data 31 de xaneiro de1992 2.- Igualmente, quedan derrogadas cantas outras normas oudisposicións que se achen vixentes e que se opoñan ó que, decalquera  outro  modo,  contradigan  o  disposto na presenteordenanza fiscal.

DISPOSICIÓNS FINAIS

DISPOSICIÓN FINAL ÚNICA

A  presente ordenanza fiscal entrará en vigor o mesmo díada  súa  publicación íntegra no BOP de Ourense, permanecendoen  vigor  até  a súa modificación ou derrogación expresas eserá  de  aplicación  a  partir  do día 1 de xaneiro de 2005

ANEXO

INDICE ALFABETICO DE VIAS PUBLICAS

Número de orde Denominación da vía pública Categoría
1 Aduana, Rúa
2 Alameda, Rúa
3 Alameda, Praza
4 Amaro Refojo, Rúa
5 Cabreiroá, Estrada
6 Caja de Ahorros, Rúa
7 Campo da Feira
8 Canella Cega, Rúa
9 Castelao, Rúa
10 Castilla, Avenida
11 Colón, Rúa
12 Concello, Praza do
13 Concepción Arenal, Rúa
14 Constitución, Rúa
15 Correos, Rúa
16 Coutos, Camiño Os
17 Cruz, Rúa
18 Cuartel, Rúa
19 Costa, Rúa
20 Curros Enríquez, Rúa
21 Deputación, Rúa
22 Eduardo Pondal, Rúa
23 Elle, Rúa
24 Elle, Travesía de
25 Eloy Luis André, Rúa
26 Elvira Carrera, Rúa
27 Espido, Rúa
28 Espido, Travesía
29 Flores, Rúa
30 Fonte do Sapo
31 Fontenova, Camiño de
32 Foxo, Rúa  O
33 Galicia, Rúa
34 García Barbón, Praza
35 Granxa, Camiño A
36 Irmáns Fernández Álvarez, Rúa
37 Irmáns Moreno, Rúa
38 Juan Guerra Valdés, Rua
39 Lamas Carvajal, Rúa
40 Laureano Peláez, Rúa
41 Laza, Estrada (até Cñº. A Rasela)
42 Laza, Estrada (desde Cñº. A Rasela até fín do núcleo de Verín)
43 Lisa, Rúa
44 Luis Espada, Avenida
45 Ladairo, Rúa
46 Marbana, Rúa
47 Mariano Carrero, Rúa
48 Maior, Rúa
49 Maior, Praza
50 Matadoiro, Rúa
51 Matadoiro - Elle, Rúa
52 Mercado Comarcal, Rúa
53 Mercado Comarcal, Acceso norte
54 Mercado Comarcal, Acceso leste
55 Mercé, Rúa
56 Mercé, Praza
57 Montemaior, Rúa
58 Muralla, Rúa
59 Olivar, Rúa
60 Ourense, Rúa
61 Outeiro, Rúa
62 Otero Pedrayo, Rúa
63 Pedro González, Rúa
64 Polideportivo, Rúa
65 Portugal, Avenida de (desde Avenida Luis Espada até Rúa Aduana)
66 Portugal, Avenida de (desde Rúa Aduana até Piscinas)
67 Portugal, Avenida de (desde Piscinas até o final do núcleo de Verín)
68 Pozo, Rúa
69 Queizás, Camiño de (zona urbana)
70 Queizás, Camiño de (zona non urbana)
71 Rasela, Camiño A
72 Remedios, Travesía
73 Río, Camiño do
74 Río Búbal, Rúa
75 Río Camba, Rúa
76 Río Támega, Rúa
77 Río Mente, Rúa
78 Rosalía de Castro, Rúa
79 Santamarina, Rúa José
80 San Antón, Rúa
81 San Blas, Rúa
82 San Félix, Rúa
83 San Gregorio, Rúa
84 San Lázaro, Avenida
85 San Lázaro, Canellón
86 San Pedro, Rúa
87 San Roque, Calle
88 San Rosendo, Rúa
89 Santiago Apóstolo, Rúa
90 Santiago Rodríguez, Rúa
91 Sousas, Avenida de
92 Sousas, Travesía de
93 Silvio Santiago, Rúa
94 Subida a Monterrey, Rúa
95 Traviesa, Rúa
96 Vences, Estrada de
97 Veiga, Travesía A
98 Vello de Sousas, Camiño
99 Vello de Fontenova, Camiño
100 Vicente Risco, Rúa
101 Viriato, Rúa
102 Resto rúas de Verín (terreo urbano)
103 Rúas de Feces de Abaixo (terreo urbano)
104 Rúas de Pazos (terreo urbano)
105 Resto de rúas núcleos rurais do municipio (terreo urbano)

A secretaria                             O alcalde

 

 

Paula  María Vázquez Carrasco         Emilio González Afonso

DILIXENCIA:  para  facer  constar que a precedente ordenanzafoi  publicada integramente no BOP nº 277 de data 01.12.2004 A secretaria     Paula María Vázquez Carrasco

 

?>