ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLA PRESTACION DE SERVICIOS NAS ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS. |
![]() |
![]() |
![]() |
Artigo 1º.- Fundamento e natureza. No uso das facultades que conceden os artigos 133.2 e 142 da Constitución e o artigo 106 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e de conformidade co que dispoñen os arts.15 a 19 da Lei 39/1998, do 28 de decembro, reguladora das facendas locais, este Concello establece a taxa pola prestación de servicios ou a realización de actividades administrativas de competencia local "nas escolas deportivas municipais", que se rexerá pola presente ordenanza, atendendo as súas normas ó que prevé o artigo 58, en relación co artigo 20.4 v), ambos da Lei 39/1998, do 28 de decembro, reguladora das facendas locais, de acordo coa modificación que establece a Lei 25/98, do 13 de xullo, de modificación do réxime legal das taxas estatais e locais e de reordenación das prestacións patrimoniais e de carácter público.
Artigo 2º.- Feito Impoñible Constitúe o feito impoñible deste tributo a prestación de servicios nas escolas deportivas municipais. Ditos servicios continúenos : - Iniciación predeportiva. - Iniciación polideportiva. - Ensino de kárate. - Ensino de futbol sala. - Ensino de baloncesto. - Ensino de tenis. - Ensino de futbol. - Ensino de hockey. - Ensino de patinaxe.
Artigo 3º.- Obriga de contribuír. A obriga de contribuír nace coa iniciación da prestación dos servicios, aínda que se poderá esixir o depósito previo do seu importe total coa súa solicitude.
Artigo 4º.- Suxeitos pasivos. Serán suxeitos pasivos coa obriga do pagamento da taxa que regula esta ordenanza, os que se beneficien dos servicios ou actividades que preste ou realice o concello a que se refire o artigo 2º.
Artigo 5º.- Base impoñible e liquidable A base impoñible constituírase polo núm. de persoas que utilicen o servicio e o tempo de estancia no establecemento.
Artigo 6º.- Cota tributaria A contía da taxa que regula esta ordenanza será a que se fixa na seguinte tarifa:
(O curso terá unha duración que irá dende o mes de outubro ata o mes de xuño).
Artigo 7º.- Obriga de pagamento. O pagamento da taxa efectuarase no momento de matricularse nos ensinos que se impartan.
Artigo 8º.- Responsables.
1.- Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo as persoas físicas e xurídicas a que se refiren os artigos 38.1 e 39 da Lei xeral tributaria. 2.- Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de crebas, concursos, sociedades e entidades en xeral nos supostos e co alcance que sinala o art. 40 da Lei xeral tributaria.
Artigo 9º.- Infraccións e sancións tributarias
En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias e sancións, ademais do que prevé esta ordenanza estarase ó que dispoñen os artigos 77 e seguintes da Lei xeral tributaria e demais normativa aplicable.
DISPOSICION DERRADEIRA
O texto da presente ordenanza fiscal substitúe e derroga ó da anterior que aprobou o Pleno en sesión de data 25.11.1999 e entrará en vigor e será de aplicación ó día seguinte da súa publicación íntegra no BOP, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresas.
O alcalde O secretario
DILIXENCIA:
Para facer constar que o texto da presente Ordenanza publicóuse íntegramente no B.O.P. núm. 55 con data do 8 de marzo do 2000.
O secretario, |