Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Servizos Sociais Novas da Oficina de Información Xuvanil Obradoiros, xogos e sendeirismo no campamento do Invernadeiro 2012
Obradoiros, xogos e sendeirismo no campamento do Invernadeiro 2012 PDF Imprimir Correo-e
Luns, 27 Agosto 2012 12:53

Durante seis días, unha expedición de trinta e tres nenos/as verinenses participaron nunha nova edición do campamento do Invernadeiro, organizado pola Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello de Verín.

Ao longo destes días, os menores con idades comprendidas entre os 8 e 14 anos, formaron parte de actividades socioculturais, recreativas, formativas e de convivencia, así como de rutas de sendeirismo polas distintas zonas de interese do Parque Natural do Invernadeiro. Todas elas destinadas a ocupar o tempo de lecer dos/as rapaces/zas, nun lugar idóneo tanto pola súa infraestrutura como polo seu contorno natural, que permitiu unha inmersión na riqueza ambiental da zona a través do xogo e da diversión.

O obxectivo deste campamento, que volverá a repetirse no vindeiro ano, é que os nenos/as reciban unha educación ambiental e ecolóxica, impulsar o respecto pola natureza mediante actividades lúdicas e educativas, coñecer a importancia do reciclaxe e a convivencia entre os/as mozos/as.

 
Casa da Xuventude de Verín
Avda. de Portugal, 11 bis
Horario:
de Luns a Venres
de 9:00 a 14:00
Tlno.
988.41.47.76
Liñas de Móbil
608.52.01.97
608.52.01.98
Fax
988.41.22.59



?>