ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLA UTILIZACION DE COLUMNAS, SOPORTES, CARTEIS E OUTRAS INSTALACIONS LOCAIS ANÁLOGAS PARA EXHIBICIÓN DE ANUNCIOS. |
![]() |
![]() |
![]() |
Artigo 1º.- Fundamento e natureza.
En uso das facultades que conceden os artígos 133.2 e 142 da Constitución e o artigo 106 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e de conformidade co que dispoñen os arts.15 ó 19 da Lei 39/1998, do 28 de decembro, reguladora das facenda locais, este concello establece a taxa pola prestación de servicios ou a realización de actividades administrativas de competencia local pola "utilización de columnas, soportes, carteis e outras instalacións locais análogas para a exhibición de anuncios", que se rexerá pola presente ordenanza, atendendo as súas normas ó que prevé o artigo 58, en relación co artigo 20.4 x), ambos da Lei 39/1998, do 28 de decembro, reguladora das facendas locais, de acordo coa modificación que establece a Lei 25/1998, do 13 de xullo da modificación do réxime legal das taxas estatais e locais e de reordenación das prestacións patrimoniais e de carácter público.
Artigo 2º.- Feito impoñible.
Constitúe o feito impoñible a instalación de anuncios en columnas, soportes,carteleras e outras instalacións análogas, propiedade da entidade local.
Artigo 3º.- Obriga de contribuír.
A obriga de contribuír nace dende que se inicie a prestación do servicio, se ben esixirase o depósito previo do importe total da taxa no momento de solicitar a oportuna autorización.
Artigo 4º.- Suxeitos pasivos.
1.- Son suxeitos pasivos, en concepto de contribuíntes, e polo tanto obrigados ó pagamento, os beneficiarios dos servicios ou das actividades que preste ou realice este concello, a que se refire o artigo 2º.
2.- Terán a condición de substitutos as empresas de publicidade, considerándose coma tales, as que profesionalmente executen ou distribúan campañas publicitarias a través de carteis ou rótulos que teñan por obxecto, dar a coñecer os artigos , productos ou actividades de persoas ou entidades que as contraten para dita publicidade; ó mesmo tempo utilicen as columnas, soportes e carteleiras e outras instalacións propiedade deste concello.
Artigo 5º.- Base impoñible e liquidable.
A base impoñible constituirase polos metros cadrados de superficie de cada cartel,bandeirola ou anuncio que utilice os bens que se enumeraron no artigo 1º.
Artigo 6º.- Cota tributaria.
A contía desta taxa que regula esta ordenanza, será a que se fixa na tarifa seguinte:
Artigo 7º.- Obriga de pagamento.
1.- A obriga do pagamento das taxas que regula esta ordenanza, nace ó autorizarse a utilización dos bens que se enumeraron no artigo 1º atendendo ó pedimento que formule o interesado.
2.- O pagamento de dita taxa efectuarase ó retirar a oportuna autorización.
3.- As débedas por esta taxa poderán esixirse polo procedemento administrativo de prema, de acordo co Regulamento xeral de recadación.
Artigo 8º.- Normas de xestión.
As persoas naturais ou xurídicas interesadas na utilización dos bens a que se refire a presente ordenanza presentarán a solicitude detallada ante este concello do servicio que desexan.
Artigo 9º.- Responsables.
1.- Responderán con solidariedade das obrigas tributarias do suxeito pasivo as persoas físicas e xurídicas a que se refiren os artigos 38.1 e 39 da Lei xeral tributaria.
2.- Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de crebas, concursos, sociedades e entidades en xeral e nos supostos e co alcance que sinala o artigo 40 da Lei xeral tributaria.
Artigo 10º.- Infraccións e sancións tributarias.
En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias e sancións, ademais do que prevé esta ordenanza estarase ó que dispoñen os arts.77 e seguintes da Lei xeral tributaria e demais normativa aplicable.
DISPOSICION DERRADEIRA
O texto da presente ordenanza fiscal substitúe e derroga ó da anterior que aprobou o Pleno en sesión de data 25.11.1999 e entrará en vigor e será de aplicación ó día seguinte da súa publicación íntegra no BOP, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresas.
O alcalde O secretario
DILIXENCIA:
Para facer constar que o texto da presente Ordenanza publicóuse íntegramente no B.O.P. núm. 55 con data do 8 de marzo do 2000.
O secretario, |