Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Servizos Sociais Novas da Oficina de Información Xuvanil Apertura do prazo do inscrición do Campamento do Invernadeiro 2012
Apertura do prazo do inscrición do Campamento do Invernadeiro 2012 PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 04 Xullo 2012 11:21

O vindeiro venres 06 de xullo, a Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello de Verín comezará a tramitar as solicitudes de inscrición para participar nunha nova edición do Campamento do Invernadeiro.

Esta iniciativa permite aos/ás rapaces/zas recibir unha educación ambiental e ecolóxica, impulsar o respecto pola natureza mediante actividades lúdicas e educativas, coñecer a importancia do reciclaxe e a convivencia entre os/as mozos/as e co entorno. Unha iniciativa programada co obxectivo de ocupar o tempo de lecer dos/as rapaces/zas, nun lugar idóneo como é o parque do Invernadeiro, tanto pola súa infraestrutura como polas rutas de sendeirismo, que permite unha inmersión na riqueza ambiental da zona a través do xogo e diversión. Manutención en réxime de pensión completa, materiais necesarios para as actividades, equipo técnico de persoal especializado en animación sociocultural; actividades de tempo libre, socioculturais, recreativas, formativas e de convivencia, rutas de sendeirismo polas distintas zonas de interese do Parque Natural do Invernadeiro realizadas por biólogos, seguro de responsabilidade civil e accidentes e atención sanitaria, si fose necesaria, son os dereitos que adquiren os/as mozos/as inscritos/as.

Esta actividade, destinada a mozos/as con idades comprendidas entre os 8 e 14 anos, consta de 50 prazas e a cota é de 110 euros para empadroados no Concello de Verín, e de 120 euros para non empadroados.

 
Casa da Xuventude de Verín
Avda. de Portugal, 11 bis
Horario:
de Luns a Venres
de 9:00 a 14:00
Tlno.
988.41.47.76
Liñas de Móbil
608.52.01.97
608.52.01.98
Fax
988.41.22.59



?>