ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POR PORTADAS, ESCAPARATES, VITRINAS, TOLDOS E LETREIROS. |
![]() |
![]() |
![]() |
Artigo 1º.- Fundamento e natureza.
1.- De conformidade co que prevé o artigo 58 en relación co artigo 20.3 j) e ñ), ambos da Lei 39/88, do 28 de decembro, reguladora das facendas locais, segundo a modificación que estableceu o artigo 66 da Lei 25/1998, do 13 de xullo, de modificación do réxime legal das taxas estatais e locais e de reordenación das prestacións patrimoniais e de carácter público, este concello establece a taxa por utilizacións privativas ou aproveitamentos especiais do dominio público local por "portadas, escaparates, vitrinas, toldos e letreiros", que se regulará pola presente ordenanza, que se redactou conforme ó que dispón o artigo 16 da devandita Lei 39/88.
Artigo 2º.- Feito impoñible.
Constitúe o feito impoñible deste tributo, o aproveitamento especial na vía pública mediante a colocación ou instalación nela, de escaparates, vitrinas, mostrarios, portadas, etc., así como o aproveitamento do voo das vías públicas con toldos e rótulos e outras instalacións análogas que voen ou sobresaían da liña de fachada.
Artigo 3º.- Obriga de contribuír.
A obriga de contribuír nace dende o momento en que o aproveitamento que se autoriza se efectúe ou desde que se inicie, de facerse sen a oportuna autorización. Nos aproveitamentos periódicos a remuneración terá lugar o 1 de xaneiro de cada ano e o período impositivo compendrerá o ano natural.
Artigo 4º.- Suxeitos pasivos.
Serán suxeitos pasivos desta taxa os contribuíntes, as persoas físicas ou xurídicas así como as entidades a que se refire o artigo 33 da Lei xeral tributaria; propietarios dos inmobles ou beneficiarios dos elementos instalados.
Artigo 5º.- Base impoñible e liquidable.
Tomarase como base impoñible do presente tributo, a superficie estimada en metros cadrados das portadas, escaparates, vitrinas e letreiros, e os metros lineais dos toldos.
Artigo 6º.- Categoría das rúas.
1.-Para os efectos que se prevén para a aplicación do apartado D) da tarifa, as vías públicas deste municipio clasifícanse en catro categorías.
2.-Anexo a esta ordenanza figura un índice alfabético da vías públicas deste municipio con expresión da categoría que corresponde a cada unha delas.
Artigo 7º.- Cota tributaria.
1.- A contía da taxa que regula esta ordenanza será a que se fixa na tarifa seguinte:
Artigo 8º.- Normas de xestión.
As persoas naturais ou xurídicas interesadas na obtención dos aproveitamentos que regula esta ordenanza, presentarán no concello solicitude detallada xunto cun deseño coas indicacións necesarias para poder determinar exactamente a natureza, extensión e condición da instalación.
Artigo 9º.- Responsables.
1.-Responderán con solidariedade das obrigas tributarias do suxeito pasivo as persoas físicas e xurídicas a que se refiren os artigos 38.1 e 39 da Lei xeral tributaria.
2.- Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de crebas, concursos, sociedades e entidades en xeral nos supostos e co alcance que sinala o artigo 40 da Lei xeral tributaria.
Artigo 10º.- Prazos e forma de declaración e ingresos.
1.- Anualmente formarase un padrón no que figurarán os cotribuíntes afectados e as cotas correspondentes que se exporá ó público para os efectos de reclamacións. Logo de que transcorra dito prazo, o concello resolverá as reclamacións e aprobará definitivamente dito padrón, que servirá de base para os documentos cobratorios correspondentes.
2.- O tributo recadarase anualmente nos prazos que se sinalen para os tributos de notificación colectiva e periódica.
3.- Os titulares de licencias de aproveitamentos periódicos presentarán a oportuna declaración nos casos de alteración ou baixa do aproveitamento que se concedeu, dentro do mes seguinte ó no que o feito se produza. As persoas que incumpran tal obriga seguirán obrigados ó pagamento do tributo. Tales declaracións xurdirán efecto a partir do exercicio seguinte a aquel no que se formule.
Artigo 11º.- Exencións, reduccións e demais beneficios legalmente aplicables.
Non se recoñece ningún beneficio tributario,salvo os que sexan consecuencia do que establecen os tratados ou os acordos internacionais ou os que prevén as normas con rango de lei.
Artigo 12º.- Infraccións e sancións tributarias.
En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias e sancións, ademais do que prevé esta ordenanza, estarase ó que dispoñen os arts. 77 e seguintes da Lei xeral tributaria e demais normativa aplicable.
DISPOSICION DERRADEIRA
O texto da presente ordenanza fiscal substitúe e derroga ó da anterior que aprobou o Pleno en sesión de data 25.11.1999 e entrará en vigor e será de aplicación ó día seguinte da súa publicación íntegra no BOP, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresas.
ANEXO
INDICE ALFABETICO DE VIAS PUBLICAS
O promedio do valor do mercado da utilidade que se deriva pola utilización privativa ou o aproveitamento especial do dominio público local, de acordo co informe do aparellador municipal, é o seguinte:
O alcalde O secretario
DILIXENCIA:
Para facer constar que o texto da presente Ordenanza publicóuse íntegramente no B.O.P. núm. 55 con data do 8 de marzo do 2000.
O secretario, |