Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Servizos Sociais Novas da Oficina de Información Xuvanil Axudas para facilitar a obtención do permiso de condución clase B
Axudas para facilitar a obtención do permiso de condución clase B PDF Imprimir Correo-e
Luns, 14 Maio 2012 12:25

Desde Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello de Verín (OMIX) infórmase da publicación das bases reguladoras que rexen as axudas para facilitar a obtención do permiso de condución clase B e favorecer a seguridade viaria dos mozos e mozas galegos, e se procede á súa convocatoria.


Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras que rexerán as axudas para a obtención do permiso de condución clase B por parte dos mozos e mozas residentes en Galicia, coa finalidade de mellorar a súa empregabilidade e mobilidade, así como sensibilizar e fomentar unha condución segura e responsable entre a xuventude.
Poderán solicitar as axudas as mozas e mozos que cumpran os requisitos incluídos no artigo 10 da Lei de subvencións de Galicia, e ademais:
a) Teñan entre 18 e 30 anos de idade cumpridos no momento de presentar a solicitude.
b) Estean en situación de desemprego, cunha antigüidade mínima de seis meses, no momento de presentar a solicitude.
c) Sexan titulares do carné xove vixente no momento de presentar a solicitude.
d) Teñan a súa residencia en Galicia.
e) Acrediten un nivel de ingresos netos anuais da unidade familiar non superior a 2, 5 veces o indicador público da renda de efectos múltiples (IPREM) establecido para o ano 2012, incluíndo as pagas extraordinarias, ponderado segundo os membros da unidade familiar, do xeito que se indica:

N.º de membros da unidade familiar

Ingresos máximos

1

14.910, 28

2

16.556,98

3 ou máis

18.637,85

Para os efectos da resolución desta convocatoria, entenderase por unidade familiar a constituída pola persoa beneficiaria e os familiares cos que conviva.

f) Non estar en posesión do permiso de condución obxecto da subvención no momento de presentar a solicitude, ou estar en posesión del, con data de expedición definitiva a partir do 1 de xaneiro de 2012.

Deberá xuntar á solicitude a seguinte documentación:
a) Fotocopia do DNI para españois ou documento equivalente para nacionais da Unión Europea, ou tarxeta de residencia do solicitante no caso de naturais doutros países, cando o/a solicitante non autorice a Consellería de Traballo e Benestar a consulta dos seus datos no Sistema de Verificación de Datos de Identidade.
b) Fotocopia da declaración do IRPF dos membros da unidade familiar obrigados a declarar, correspondente ao último exercicio fiscal. No caso de non ter obriga de declarar, certificación de Facenda da dita circunstancia e declaración xurada de ingresos, acompañada dos correspondente xustificantes.
c) Certificado de convivencia dos membros compoñentes da unidade familiar.
d) Certificado do Inem como demandante de emprego no que conste o tempo de permanencia na situación de desemprego.
e) Fotocopia do carné xove vixente.
f) Certificado de empadroamento nalgún concello de Galicia cando o/a solicitante non autorice a Consellería de Traballo e Benestar a consulta dos seus datos no Sistema de Verificación de Datos de Identidade.
g) Declaración do conxunto de todas as axudas solicitadas ou concedidas para as actividades obxecto desta orde, das distintas administracións públicas competentes ou calquera dos seus organismos, entes ou sociedades consonte o modelo que se inclúe nesta convocatoria como anexo II.
h) Certificación bancaria do número de conta do cal sexa titular a persoa solicitante.
i) Declaración de non estar incurso nas prohibicións do artigo 10 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, conforme o modelo que se inclúe como anexo II.

O prazo de presentación de solicitudes finaliza o 01 de setembro de 2012, salvo que se produza con anterioridade o esgotamento do crédito orzamentario dispoñible (o esgotamento será publicado no Diario Oficial de Galicia e na páxina web www.xuventude.net. A partir dese momento non se admitirán novas solicitudes). Para máis información e tramitación deben dirixirse á Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello de Verín (OMIX), situada no primeiro piso da Casa da Xuventude (Avda. de Portugal 11bis) ou no teléfono 988-414776.

 
Casa da Xuventude de Verín
Avda. de Portugal, 11 bis
Horario:
de Luns a Venres
de 9:00 a 14:00
Tlno.
988.41.47.76
Liñas de Móbil
608.52.01.97
608.52.01.98
Fax
988.41.22.59



?>