Solicitude de Informe de Vivenda para Regularización de MenoresInforme emitido pola Administración Local do lugar de residencia do reagrupante no que se deberá facer referencia aos seguintes extremos: Título que habilite para a ocupación da vivenda, número de habitacións, uso ao que se destina cada unha das dependencias da vivenda, número de persoas que a habitan e condicións de habitabilidade e equipamento. Este informe é un dos documentos que se deben de achegar á solicitude de autorización de residencia por reagrupación familiar. A quen está dirixidoAs persoas estranxeiras menores de idade ou incapacitadas non nacidas en España que ben sexan fillos/as de españois ou de estranxeiros/as residentes legais en España, ben estean suxeitas legalmente a tutela dun/ha cidadán/a ou institución españois ou dunha persoa estranxeira residente legal en España: - Poden obter autorización de residencia cando se acredite a súa *permanencia continuada en España durante un mínimo de 2 anos. - Os seus pais ou titores deben cumprir os requisitos de medios de vida e aloxamento esixidos para exercer o dereito á Reagruapción Familiar. - Cando os menores se atopen en idade de escolarización obrigatoria, deberase acreditar adicionalmente que estiveron matriculados nun centro de ensino e asistido regularmente a clase. Como faceloPor InternetPode solicitar a cita previa a través do correo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo da Oficina Municipal de Atención e Información ao Inmigrante para manter unha entrevista co/a técnico/a correspondente. PresencialmenteMediante solicitude de cita na Oficina Municipal de Atención e Información ao Inmigrante para manter unha entrevista coa técnico/a correspondente. Por teléfonoMediante solicitude de cita nos teléfonos: 988.41.47.76 Documentación requirida
ObservaciónsNo prazo máximo de 15 días dende a solicitude, a Administración Local deberá emitir o informe e notificalo ao interesado e, simultáneamente e por medios telemáticos cando fose posible, á autoridade competente para resolver a autorización de reagrupación familiar. Subsidiariamente, a persoa solicitante poderá xustificar o requisito de disponibilidade de vivenda suficiente, presentando acta notarial mixta de presenza e manifestacións no caso de que a Corporación Local non proceda a emitir o informe de vivenda no prazo indicado, o que será acreditado coa copia da solicitude realizada. Preguntas Frecuentes: Requisitos xerais para a regularización de menores. Requisitos da vivenda. Como legalizar os documentos do país de orixe. Oficinas
Avda. de Portugal (Casa da Xuventude) Horario: De 9:30 a 14 horas de luns a xoves. De 16:00 a 18:00 Martes e Xoves. Lexislación relacionada
|
Casa da Xuventude de Verín Avda. de Portugal, 11 bis |
Horario: de Luns a Venres de 9:00 a 14:00 |
Tlno. 988.41.47.76 Liñas de Móbil 608.52.01.97 608.52.01.98 Fax 988.41.22.59 |
Oficina de Atención ó Inmigrante |