Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Servizos Sociais Novas da Oficina de Información Xuvanil Curso de Orientación Laboral en Verín
Curso de Orientación Laboral en Verín PDF Imprimir Correo-e
Martes, 13 Decembro 2011 13:10

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, en colaboración coa Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello de Verín (OMIX), promove a realización dun curso de Orientación Laboral no municipio, dirixido aos/ás mozos/as da comarca.

Devandito curso terá lugar o vindeiro 20 de decembro, de 11 a 13 horas, na Casa da Xuventude de Verín. O obxectivo do mesmo é amosar os recursos destinados a mellorar a capacitación profesional e o acceso ao mercado laboral á mocidade, por parte da Xunta de Galicia.  

O contido deste curso será: introdución sobre as técnicas de busca de emprego, autoavaliación do/a candidato/a (análise DAFO), coñecemento do mercado laboral (posibles xacementos de emprego), medios para atopar emprego, programa Emprende da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, (ferramentas para a busca de emprego), currículo – modelos, carta de presentación e a entrevista de traballo. Os/as asistentes recibirán un diploma de asistencia.

Para participar neste curso é necesario inscribirse na OMIX do Concello de Verín, situada na Casa da Xuventude (Avda. Portugal, 11 bis).

 
Casa da Xuventude de Verín
Avda. de Portugal, 11 bis
Horario:
de Luns a Venres
de 9:00 a 14:00
Tlno.
988.41.47.76
Liñas de Móbil
608.52.01.97
608.52.01.98
Fax
988.41.22.59



?>