Modificación de obradoiros no curso “Mediación e resolución de conflitos interxeracionais” |
![]() |
![]() |
![]() |
Luns, 03 Outubro 2011 13:06 |
O curso 'Mediación e resolución de conflitos interxeneracionais', organizado polo Centro Asociado da UNED en Ourense e o departamento de Educación Familiar do Concello de Verín, modificou as xornadas e horarios de catro dos obradoiros previstos no mesmo. O obradoiro 'Interculturalidade nas aulas', a cargo de José Losada Enríquez, educador social do Concello de Xinzo da Limia, e Luis Fernández López, director do IES Carlos Casares de Viana do Bolo, que estaba previsto para o venres 2 de decembro será impartido o día 7 de octubre, ás 16.30 horas. Mentres que o de 'Os animais de compañía como elemento de integración, socialización e ensinanza de valores', a cargo de Roberto Estévez, psicólogo da Asociación Española de Antrozooloxía, terá lugar o 8 de outubro, ás 10 horas, en vez do 19 de novembro. Tamén sufrirá cambios o obradoiro 'Comunicación asertiva entre xeracións', a cargo do profesor Tiberio Feliz, Facultade de Educación Social UNED, que se trasladará do 7 de outubro ao sábado 19 de novembro, ás 11.30 horas. Así como, 'Traballar coas familias desde a escola', a cargo do profesor Tiberio Feliz, Facultade de Educación Social UNED, que terá lugar o 2 de decembro, ás 16 horas, en vez do 8 de outubro. O curso 'Mediación e resolución de conflitos interxeneracionais', que está dirixido por Tiberio Feliz Murias da Facultade de Educación UNED e coordinado en Ourense por Miguel Guerra Rodríguez, conta con máis de 130 alumnos/as procedentes de toda a xeografía galega e norte de Portugal. Os obxectivo do mesmo, con prazas limitadas por orde de inscrición, son identificar e valorar os factores que inflúen na orixe, desenvolvemento e resolución do conflito; coñecer e valorar estratexias, técnicas e programas para a solución do conflito. Así como, desenvolver as destrezas básicas necesarias para a aplicación de estratexias que faciliten o aprendizaxe de condutas positivas no entorno familiar, escolar e social. As restantes xornadas previstas no curso “Mediación e resolución de conflitos interxeneracionais” son as seguintes: Venres, 07 de outubro de 2011(Centro Desenvolvemento Cooperativo de Verín) |
Casa da Xuventude de Verín Avda. de Portugal, 11 bis |
Horario: de Luns a Venres de 9:00 a 14:00 |
Tlno. 988.41.47.76 Liñas de Móbil 608.52.01.97 608.52.01.98 Fax 988.41.22.59 |
![]() | Programa de Educación Familiar |
Teléfono da Infancia |
900.333.666 |
Servizo do Menor |
988.38.66.21 |
Gabinete de Orientación Familiar |
988.38.61.28 |