Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Ofic. Virtual Servizos Sociais C. Información á Muller
Centro de Información ás mulleres



QUE É O CENTRO DE INFORMACIÓN ÁS MULLERES-CIM?

É un servizo de ámbito comarcal e local, totalmente gratuíto, que ofrece atención permanente para as necesidades de todas as mulleres, de xeito anónimo e confidencial.

Recíbense apoios da Secretaría Xeral da Igualdade e do   Instituto de la Muller.


QUE METAS PERSEGUE?

Igualdade real e efectiva entre homes e mulleres.

Plena incorporación da muller na vida social, cultural, económica e política na sociedade.


A QUEN VAI DIRIXIDO?

Poden acudir todas as mulleres do Concello de Verín e da comarca que se sintan desfavorecidas ou precisen información ante calquera cuestión persoal, familiar ou laboral.


QUE SERVIZOS OFRECE??

INFORMACIÓN E ASESORAMENTO SOBRE RECURSOS SOCIAIS

  • Cursos, conferencias, xornadas, congresos e actividades que lle interesen ás mulleres en xeral.

  • Creación e apoio ás asociacións de mulleres (subvencións, coordinación entre elas, etc).

  • Oposicións, bolsas de estudos, bolsas de emprego…

  • Recursos e servizos sociais.

  • Casas de acollida, centros de planificación familiar, familias acolledoras, adopción...

  • Asesoramento para documentación (currículo, solicitudes, impresos…).

  • Fondo bibliográfico relacionado con temas da muller e da igualdade entre xéneros.

INFORMACIÓN E ASESORAMENTO SOBRE RECURSOS PSICOLÓXICOS:

  • Problemas familiares (malos tratos, abandono do fogar…).

  • Mediación familiar.

  • Intervención psicolóxica en agresións sexuais, acoso sexual, interrupción do embarazo…

  • Toxicomanías (drogas, ludopatías, alcoholismo…).

INFORMACIÓN E ASESORAMENTO SOBRE RECURSOS XURÍDICO-LEGAIS:

  • Trámites de xustiza gratuíta, solicitude de avogada/o de oficio.

  • Denuncias por agresións e ameazas.

  • Separación e divorcio matrimonial: convenio regulador, vivenda conyugal, bens adquiridos, etc.

  • Sentenzas incumpridas, non pagamento de pensións…

  • Dereitos das traballadoras.

  • Baixas e protección da maternidade e paternidade.


QUEN ATENDERÁ AS DEMANDAS?

As persoas que acudan ao CIM terán a súa disposición unha Traballadora Social, unha Avogada e unha Psicóloga, as dúas últimas con cita previa.


Como contactar con nós

A nosa oficina está situada na Casa da Xuventude na Avenida de Portugal 11.

Horario: de luns a xoves de 10.00 horas a 13.00 horas .
Enderezo electrónicocim: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo Este enderezo electrónico está protexido contra spambots. É necesario activar Javascript para visualizalo .


 
Casa da Xuventude de Verín
Avda. de Portugal, 11 bis
Horario:
de Luns a Venres
de 9:00 a 14:00
Tlno.
988.41.47.76
Liñas de Móbil
608.52.01.97
608.52.01.98
Fax
988.41.22.59



?>