Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Ofic. Virtual Servizos Sociais sas Proxecto de deshabituación tabáquica en Verín
Proxecto de deshabituación tabáquica en Verín PDF Imprimir Correo-e
Venres, 01 Abril 2011 10:28

A Asociación Española Contra o Cancro (AECC) na provincia de Ourense está a establecer unha Rede de Concellos pola deshabituación tabáquica. Para que o Concello de Verín poda adherirse a esta rede necesitase saber cantos verinenses estarían interesados/as en deixar de fumar mediante intervención grupal con tratamento psicolóxico, un formato que a AECC ten avalado con éxito desde hai dez anos no ámbito nacional.

O mesmo consta de tres fases: preparación, abandono e mantemento. A súa duración sería de 3 meses con seguimento posterior. A achega das persoas participantes para cubrir o custo desta actividade sería de 50 euros (estimación). Para realizar este programa  se necesita formar un grupo cun mínimo de 12 participantes.

As persoas interesadas en participar deben contactar co departamento de Servizos Sociais Municipais, situado na Casa da Xuventude (Avda. de Portugal, 11 bis) ou no teléfono 988-414776 antes do 10 de abril. Tamén poden inscribirse na AECC de Ourense no teléfono 988-219300 (preguntando por Paco).

 
Casa da Xuventude de Verín
Avda. de Portugal, 11 bis
Horario:
de Luns a Venres
de 9:00 a 14:00
Tlno.
988.41.47.76
Liñas de Móbil
608.52.01.97
608.52.01.98
Fax
988.41.22.59



?>