Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size

O Concello de Verín asina un convenio con Eroski Center para a cesión de dous locais destinados a fins sociais PDF Imprimir Correo-e
Venres, 24 Outubro 2008 10:22
O alcalde de Verín, Juan Manuel Jiménez Morán, e o director de Relacións Institucionais de Vegalsa-Eroski, Javier González Sampedro asinaron un acordo de cesión gratuíta de dous locais, anexos ao supermercado Eroski Center (R/ Luis Espada, 77-79-81 e 83), destinados a usos sociais.
 
Os dous emprazamentos, cunha superficie total de 249 metros cadrados, estarán destinados un para roupeiro municipal e banco de alimentos, e o outro, para fins sociais directamente relacionados coa actividade municipal. Este servizo, dependente do área de Benestar Social e Servizos Sociais de Atención Primaria, ten como finalidade a provisión de roupa, calzado e alimentos para paliar as necesidades dos máis desfavorecidos ou en situación de pobreza e marxinación.
Ler máis...
 
O Comité de Monitorización de URBACT aproba o proxecto liderado pola MOT no que se atopa a Eurocidade Chaves-Verin PDF Imprimir Correo-e
Luns, 20 Outubro 2008 11:15
O Comité de Monitorización de URBACT aprobou o proxecto liderado pola MOT no que se atopa a Eurocidade Chaves-Verin. A MOT (Misión Operacional Tranfronteriza é o xefe de fila e o seminario inicial do proxecto terá lugar en Estrarburgo, no Parlamento Europeo, o próximo mes de novembro.
Ler máis...
 
Cursos de bailes latinos e de salón PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 16 Outubro 2008 11:55
O Concello de Verín organiza, un ano máis, cursos de bailes latinos e de salón para adultos nos que recibirán formación nas seguintes disciplinas: salsa, bachata, merengue, tango, vals, rock and roll, danza árabe ou poleo, entre outros. Os interesados en participar deberán asistir mañá, 17 de outubro, á reunión informativa que terá lugar ás 20 horas no Pavillón de Deportes de Verín.
 
Exposición: “Nós tamén fomos emigrantes” PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 16 Outubro 2008 11:53
Esta mañá, a Casa do Escudo de Verín acolleu a inauguración da mostra “Nós tamén fomos emigrantes”, organizada pola Obra Social de Caixa Galicia, e á que asistiron Beatriz Fernández-Anguiano García, xerente de sede e zona Ourense da Obra Social e da Fundación Caixa Galicia, Julián Lozano Delgado, subdirector da sucursal en Verín, Juan Manuel Jiménez Morán, alcalde do Concello de Verín, María Corona Meixeira Romasanta, concelleira da área de Cultura, e un grupo de escolares do CEIP Amaro Refojo.
Ler máis...
 
Curso de cante para os nenos de Verín PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 15 Outubro 2008 10:45
O Concello de Verín ofrece, gratuitamente, aos/ás nenos/as do municipio a posibilidade de participar nunha nova experiencia formativa e lúdica: cantar nun grupo con compañeiros/as da súa idade.
Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 951 952 953 954 955 956 957 958 959 960 Seguinte > Final >>

Páxina 957 de 970
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>