Sesenta participantes no II Campionato de Fútbol 3 x 3 |
|
|
|
Martes, 18 Agosto 2009 12:51 |
Durante os días 15 e 16 de agosto, o Concello de Verín organizou o II Campionato de Fútbol 3 x 3, baixo o lema ‘Deporte na Rúa’ e no ámbito de Concellos Saudables. A competición, na que participaron un total de 60 nenos, tivo lugar na praza García Barbón; e os/as nenos/as competiron nas seguintes categorías: |
Ler máis...
|
Corenta e cinco nenos/as compiten no I Torneo de Tenis |
|
|
|
Martes, 18 Agosto 2009 12:43 |
Durante os días 3 e 13 de agosto, as pistas polideportivas da Granxa acolleron o I Torneo de Tenis, no que participaron un total de 45 nenos/as con idades comprendidas entre os 8 e 18 anos, organizado polo Concello de Verín no marco de Concellos Saudables.
|
Ler máis...
|
Charla-coloquio ‘A depresión e o estrés’ |
|
|
|
Luns, 17 Agosto 2009 09:47 |
Mañá 18 de agosto, a partir das 20.30 horas, terá lugar na Casa da Cultura de Verín a charla-coloquio ‘A depresión e o estrés’, impartida por José Luis Rodríguez Rodríguez, psicopedagogo e profesor da Universidade de Vigo (Campus de Ourense). Esta actividade, englobada dentro do programa Concellos Saudables e organizada polo Concello de Verín, amosará aos presentes as causas da depresión e o estrés, así como as solucións para previlo e tratalo mediante o exercicio físico. |
I Torneo Internacional de Xadrez Eurocidade Chaves-Verín e Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín |
|
|
|
Xoves, 13 Agosto 2009 17:53 |
A Eurocidade Chaves-Verín e a Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín organizan o I Torneo Internacional de Xadrez, co fin de incentivar o intercambio social entre as poboacións das dúas localidades, espertar o interese pola cultura e promover unha ocupación saudable do tempo de lecer entre a “eurocidadanía”.
|
Ler máis...
|
NoiteBús durante os meses de verán en Verín |
|
|
|
Martes, 11 Agosto 2009 12:14 |
A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, en colaboración co Concello de Verín, mantén durante os meses de verán o servizo de NoiteBús, durante os fins de semana e festivos, co obxectivo de ofrecer unha alternativa de transporte a lugares en datas e horarios vinculados ao tempo de lecer, e así reducir a sinistralidade nas estradas. |
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 911 912 913 914 915 916 917 918 919 920 Seguinte > Final >>
|
Páxina 911 de 959 |