Ordenanza sobre o civismo reguladora do uso e limpeza da vía pública e protección da paisaxe urbanística |
|
|
|
Venres, 19 Decembro 2008 17:20 |
No próximo pleno do 29 de decembro, o Concello de Verín debaterá unha Ordenanza sobre o civismo reguladora do uso e limpeza da vía pública e protección da paisaxe urbanística; unha ferramenta para establecer unhas normas básicas de comportamento nas vías e demais espazos públicos, que permitan a liberdade das persoas dentro do respecto ao patrimonio urbano e natural da cidade e o coidado do entorno. Ao longo da ordenanza regúlanse aspectos como: denominación e rotulación das vías públicas, dereitos e deberes dos habitantes, comportamento cívico, limpeza na vía pública, limpeza exterior de inmobles e publicidade, tenencia de animais, espectáculos e establecementos públicos, e réxime sancionador. |
|
Exposición 'Beléns e Arte Sacra' |
|
|
|
Mércores, 17 Decembro 2008 14:10 |
Desde o 18 de decembro ao 15 de xaneiro, a Casa do Escudo de Verín acolle a exposición 'Beléns e Arte Sacra', de Virginia Estorninho (1944, Souropires-Portugal). Trípticos, belenes, imagenes da Última Cea, os arcanxos Miguel e Gabriel, A nosa Señora e o Neno, todas elas en madeira, son algunhas das pezas figurativas e representativas que recolle a mostra.
|
Ler máis...
|
A Obra Social 'La Caixa' otorga unha axuda de 7.000 euros ao Banco Municipal de Roupa e Alimentos do Concello de Verín |
|
|
|
Venres, 12 Decembro 2008 13:20 |
O alcalde do Concello de Verín, Juan Manuel Jiménez Morán, e o director de área de negocio de 'La Caixa' en Ourense, Julio Armada, subscribiron un acordo polo que a Obra Social da entidade financeira sumarase á iniciativa municipal do Banco de Roupa e Alimentos, cunha achega económica de 7.000 euros. A finalidade do Banco Municipal de Roupa e Alimentos é prover ás persoas en situación de urxencia social da localidade, unha axuda inmediata para paliar as necesidades máis básicas, como calzado, roupa, alimentos, complementos infantís e para recentemente nados, xoguetes, libros ou contos infantís; co obxectivo de evitar as situacións de pobreza e marxinación de residentes no termo municipal de Verín. Grupos de voluntarios e traballadores sociais do consistorio encargaranse da recepción, preparación (lavado, reparación e clasificiación) e entrega dos efectos, cuxos destinatarios deberán ser avaliados previamente polos Servizos Sociais do Concello de Verín. |
Inauguración da adecuación do parque infantil e paseo na praza Carmen Estévez |
|
|
|
Venres, 12 Decembro 2008 13:16 |
A directora xeral de Administración Local, Matilde Begoña Rodríguez Rumbo, e o alcalde do Concello de Verín, Juan Manuel Jiménez Morán, inauguraron esta mañá o parque infantil e paseo na praza Carmen Estévez, tras as obras de adecuación e remodelación realizadas no mesmo -zonas verdes, colocación de pedra no paseo central, mobiliario urbano e zona infantil-.
|
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 801 802 803 804 805 806 807 808 809 810 Seguinte > Final >>
|
Páxina 805 de 821 |