Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Concello de Verín
A Eurocidade Chaves-Verín promove dous cursos de formación de lingua portuguesa PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 01 Xaneiro 2009 13:14

A Eurocidade Chaves-Verín convoca dous cursos (un de portugués xeral e outro de portugués para atención ao público) de 2 meses de duración, a iniciar a finais do mes de xaneiro. Estes cursos impartiranse os luns e mércores en horario de tarde-noite, habendo unha primeira reunión informativa o 28 de xaneiro, no salón de actos da Casa da Cultura  ás 20.30 horas, onde se marcarán os horarios que mellor se adapten ás necesidades dos interesados. Os cursos son completamente gratuítos, e as inscricións poderán realizarse entre o 7 e o 25 de xaneiro, por teléfono no 988-410000, ou no Gabinete de Apoio á Eurocidade, situado no segundo piso da Casa  Concello, en horario de 11 a 14 horas. O número de prazas é limitado, polo que a prioridade será por rigorosa orde de inscrición.

Ler máis...
 
Peche das oficinas do Concello de Verín polas festas PDF Imprimir Correo-e
Martes, 30 Decembro 2008 14:23
Con motivo das festas de Fin de Ano, as dependencias administrativas do Concello de Verín permanecerán pechadas os días 31 de decembro e 1 de xaneiro.
 
Cadernos Manuel Taboada Cid para a difusión da cultura verinense PDF Imprimir Correo-e
Luns, 29 Decembro 2008 14:13
O delegado provincial da Consellería de Cultura e Deportes, Antonio Blanco Rodríguez, e o alcalde de Verín, Juan Manuel Jiménez Morán presentaron hoxe os Cadernos Manuel Taboada Cid para a difusión da cultura verinense, nun acto ao que tamén asistiron a viúva do autor, Nieves de Paula, e o seu irmán, Jesús Taboada Cid.
Ler máis...
 
Pleno Ordinario PDF Imprimir Correo-e
Luns, 29 Decembro 2008 00:00
O Salón de Plenos do Concello de Verín acolleu esta tarde unha sesión ordinaria na que se abordaron os seguintes puntos:
Ler máis...
 
O Mago Norberto na apertura do III Circuíto Galego da Maxia PDF Imprimir Correo-e
Venres, 26 Decembro 2008 09:54
Co espectáculo Xogos Máxicos do Mago Norberto (Alemaña), comezará o sábado día 27 de decembro o III Circuíto Galego da Maxia. Até o día 10 de xaneiro ás 19 horas, a Casa da Cultura de Verín ofrecerá nas tardes dos sábados este ciclo  de tres galas máxicas. Os espectáculos Maxilusión, de Javier Muro, e A nosa maxia de Cyrille Sinclair (Francia), que clausurará o ciclo, completan a programación. Os actos están enfocados ao público familiar e son de acceso libre ao patrocinalos o Concello de Verín e a Consellería de Cultura e Deportes.
 
Cursos para o certificado de Lingua Galega PDF Imprimir Correo-e
Venres, 26 Decembro 2008 09:52
Até o día 30 de xaneiro, inclusive, pódense inscribir na Casa do Concello de Verín os interesados en facer Cursos de Galego correspondentes aos niveis CELGA 1, 2, 3 e 4. A inscrición é gratuíta. Os interesados só deberán presentar o DNI, para fotocopia, e cubrir un formulario.
Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 801 802 803 804 805 806 807 808 809 810 Seguinte > Final >>

Páxina 804 de 821

?>