|
Preentado o cartel do Entroido de Verín 2026, obra do estudo creativo Pruden Tattoo, formado por Anxo Varela “Pruden” e Lúa Lomo |
|
|
|
|
Venres, 16 Xaneiro 2026 21:26 |
|
Esta mañá presentouse en rolda de prensa o cartel anunciador do Entroido de Verín 2026, unha proposta visual que pon o foco na diversidade e na vivencia colectiva desta celebración emblemática. O acto contou coa participación de Samanta Barreira, concelleira de Cultura, Turismo e Festexos, así como de Pruden (Anxo Varela) e Lúa Lomo, integrantes do proxecto creativo Pruden tattoo e autores do cartel. |
|
Ler máis...
|
|
AEVER presenta a súa programación de Nadal |
|
|
|
|
Luns, 22 Decembro 2025 15:55 |
|
A Gala de Nadal de AEVER volve ao Pavillón Deportivo de Verín o próximo 4 de xaneiro ás 18:00 horas, cunha proposta familiar chea de humor, música e circo da man de Fran Rei e Félix Rodríguez, que traerán á vila o espectáculo Saaabor de Nadal!, acompañados polas actuacións de Paco Nogueiras e Zirko Txosko. |
|
Ler máis...
|
|
Celebrando o espírito do Nadal en Verín: Obradoiro temático de elaboración de coroas florais en colaboración coas florerías Locais |
|
|
|
|
Xoves, 18 Decembro 2025 11:32 |
|
O ximnasio do Pavillón Municipal de Deportes de Verín será o escenario dun novo obradoiro temático de creación de coroas florais de Nadal. O mesmo está organizado polo Concello de Verín, en colaboración coas florerías locais da vila; realizándose esta edición coa Florería Lirios. Será o sábado 20 de decembro, de 16:00 a 20:00 horas.
Esta iniciativa ten como obxectivo non só celebrar a temporada festiva, senón tamén fomentar a participación activa da comunidade na creación dos seus propios adornos de Nadal, contribuíndo así á dinamización do comercio local.
Ao longo deste obradoiro temático, os participantes terán a oportunidade de mergullarse no espírito do Nadal mentres crean adornos únicos e especiais. A colaboración coas florerías locais engade un toque auténtico e comunitario a esta experiencia, destacando a importancia de apoiar e promover o comercio local. A inscrición para o evento ten un custo de 25 euros e pode realizarse directamente na propia Floraría Lirios (rúa Deputación, 23. baixo).
Colaboración coas florarías de Verín
Cada ano, este obradoiro correra a cargo dunha das florarías de Verín (sempre que queiran adherirse a esta iniciativa). Deste xeito, todos os negocios florais da vila iránse rotando enriquecendo a calidade do taller e conseguindo unha participación equitativa de todos os comercios florais locais.
|
|
A Sala de Exposicións Municipal acolle “Alén do lago”, a nova exposición fotográfica do verinés Carlos Folgoso Sueiro |
|
|
|
|
Mércores, 17 Decembro 2025 11:36 |
|
O Concello de Verín, en colaboración coa Asociación Vía XIV, inaugura o vindeiro sábado 20 de decembro ás 20:15 horas na Sala de Exposicións Municipal a mostra fotográfica “Alén do lago”, do fotógrafo verinés Carlos Folgoso Sueiro, Premio Galicia de Fotografía Contemporánea. A exposición poderá visitarse ata o 31 de xaneiro, en horario de 10:30 a 14:30 h; e de 16:00 a 18:30 h. (luns a venres). |
|
Ler máis...
|
|
Verín presenta a súa programación de Nadal con máis dunha vintena actividades e a implicación de entidades culturais, sociais e comerciais da vila |
|
|
|
|
Xoves, 11 Decembro 2025 18:02 |
|
O Concello de Verín vén de presentar a programación oficial de Nadal 2025–2026, un calendario composto por máis dunha vintena de propostas que se desenvolverán entre o 13 de decembro e o 6 de xaneiro. A oferta combina accións impulsadas directamente polo Concello coa colaboración activa de numerosas entidades locais que, un ano máis, contribúen a enriquecer a vida social e cultural da vila durante estas datas. |
|
Ler máis...
|
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>
|
|
Páxina 1 de 1006 |