Subvencións a técnicos deportivos Imprimir
Martes, 04 Outubro 2011 09:53

Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación da convocatoria de subvencións a técnicos deportivos correspondente ao exercicio 2011.

O obxecto é a regulación da tramitación e concesión, por parte da Deputación Provincial de Ourense, mediante convocatoria pública e a través do procedemento de concorrencia competitiva, de subvencións con cargo ó orzamento do ano 2011 a técnicos deportivos para a asistencia a xornadas de estudo, congresos e simposios ou a calquera curso ou actividade formativa relacionados coas ciencias da educación física e o deporte, así como para o financiamento de proxectos de investigación nesta materia.

Poderán ser beneficiarios os técnicos deportivos (titulados en Educación Física, médicos especializados en materias vinculadas coa educación física e o deporte e técnicos deportivos en xeral), de nacionalidade española ou residentes legais en España, que realizaran ou vaian realizar o seu labor deportivo na provincia de Ourense na temporada a que se refira a acción formativa ou proxecto de investigación para a que se solicite subvención.

O prazo para a presentación destas solicitudes remata o 30 de outubro de 2011.

Para máis información deben dirixirse á oficina de Desenvolvemento Local, situada no primeiro piso do Concello de Verín ou no teléfono 988-410000.