Axudas a fundacións, asociacións e institucións culturais galegas |
|
Mércores, 29 Xuño 2011 11:23 |
Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación da convocatoria de Subvencións a fundacións, asociacións e institucións culturais que desenvolven as súas actividades en Galicia, para o seu funcionamento e para a realización de programas e actividades culturais.
O obxecto é a convocatoria de subvencións destinadas ao funcionamento e á realización de programas ou actividades culturais concretas, por parte de asociacións, entidades e fundacións sen ánimo de lucro. Os mesmos deben contribuír ao espallamento e promoción da cultura en Galicia, e tamén se inclúen gastos de persoal para a dirección e coordinación das actividades e gastos de funcionamento, se é o caso, das institucións obxecto da subvención.
Os beneficiarios son as entidades, fundacións e asociacións culturais sen ánimo de lucro que realicen actividades culturais de promoción da cultura galega e que desenvolvan as súas actividades habitualmente en Galicia
O prazo para a presentación destas solicitudes remata o 13 de xullo de 2011.
Para máis información e tramitación, de forma gratuíta, deben dirixirse á oficina de Desenvolvemento Local, situada no primeiro piso do Concello de Verín ou no teléfono 988-410000. |